Cos adestramentos practicamente rematados para a maratón de Porto, esta semana non fixen nin tirada longa nin series porque o corpo xa non me aguanta. Nin a fisio nin a osteópata son quen de quitarme as molestias que me impiden facer e gozar das tiradas longas. O total semanal de quilómetros foi de 69 e así non hai que teñas garantías para Porto.
XXXVI Pedestre de Santiago
Despois de moitos anos volvín a Compostela co seu percorrido máis clásico (só houbo pequenas modificacións) Tras recoller a un fato de heroes en Montrove, chegamos a Compostela para atoparnos con Juan e familia (¿) e para tirar unhas fotos co Club de Atletismo Sada.
Fago pouco quecemento e colócome axiña no caixón de saída para estar situado ben adiante. Paso eses minutos de espera con Edu, dos Taninos de Ponteares e colega das maratóns de Madrid e Barcelona.
A saída foi coma sempre: multitudinaria. Fago a subida sen présa na busca nun carril sen xente. Tardo case un quilómetro en coller un ritmo e sen molestar nin ser en molestado. Na primeira cambio de percorrido (creo que xa paramos por esta rúa hai uns dez anos) e en subida paso xente. Baixada ata Porta da Mámoa e tirada ata a Praza de Galicia onde son pasado por Roberto quen viña desde atrás posto que saía moi mal colocado. Foi toda una ledicia volver velo no asfalto galego tras o seu curto exilio salmantino.
Na baixada polo Ensanche son adiantado pero na subida por Santiago de Chile vou recuperando posición ao igual que en todo o percorrido polo campus pero na seguinte baixada polo Pombal perdo algún posto.
Por fin vemos que melloraron a posición do avituallamento (Galeras), lugar onde compartimos auga. Continuo pasado xente pero posicionándonos para a subida de Vite. Nos primeiros centos de metros da mítica subida non hai cambios nas posicións pero nos derradeiros cen metros paso a un grupo importante de corredores (algún deles volveríame pasar na baixada) En cada subido achégome a Roberto pero en canto hai baixada…
Tras coller algo de folgos, tiro o que podo ata a meta. Na Algalia vou desatando a bandeira republicana. Trato de subir o ritmo. Case ninguén me colle por detrás ata que no Obradoiro aparece Javier.
Resultados Fago meta en 46.25´´, creo que o mellor rexistro nesta proba. Entro de 208 sobre un total de 3.595 e de 10º na categoría. O ritmo por quilómetro saíu a 3.52´´.
Despois de cruzar a meta e compartir minutos cos amigos do CAS, céntrome na busca de Juan e Chema. Entraron na meta coma heroes, con emoción. Que grandes. Que inmenso pracer velos de novo correndo.
Despois da proba, o típico ducha, xantar en Arzúa. Os incidentes do día non se comentan aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión