Hai que actualizar o blog…
Como lembrades desde setembro teño molestias nos adutores e no pube a pesar diso fixen a Maratona de Porto e participei en moitas probas nos últimos meses do 2013, mais case sen adestrar.
Desde a San Silvestre da Coruña decidín parar e pasar por todas as mans que se ofreceran para tratar de rematar coas molestias e poder voltar ao asfalto. Deste xeito fixen unha ecografía ("tendinopatía crónica de entidade moderada-severa a nivel de tendón proximal dos adutores...)", pasei polo traumatólogo (“pódeste operar cando queiras”), podólogo, quiropráctica, osteópata e fisioterapeuta.
Despois desa viaxe polo mundo da bata braca cheguei/chegamos á seguinte conclusión: teño unha brutal contractura nos adutores que como di Nacho Muro:

Cando é sometido a sobrecargas repetidas prodúcese unha inflamación na súa inserción (ancoraxe) no óso da pelves, máis concretamente na zona do pube. Adoita aparecer dor o pube ou na cara interna da coxa que se intensifica ao realizar exercicio que implique separación de ambas pernas ou ben ao pechar as pernas contra resistencia".
Despois das masaxes da quiropráctica e das “posturiñas” do osteópata, rematei empregando, desde finais de febreiro, a chamada punción seca que é:
"... unha técnica moi efectiva no tratamento da dor miofascial, especificamente no tratamento dos chamados puntos gatillo miofasciales (PGM). Os PGM son puntos de máximo acurtamento dun músculo e son os causantes dunha dor referida (a distancia).
A técnica consiste nunha punción do músculo (nunha banda tensasituada dentro do PGM) cunha agulla estéril de acupuntura co obxectivo de destruír a placa motora, estimular o receptor muscular (huso neuromuscular) diminuíndo de forma inmediata a dor que ten o paciente e producindo unha relaxación muscular reflexa con aumento da elasticidade muscular. A característica de ser unha técnica local coa que chegamos ata o PGM de forma directa, fai da mesma una das técnicas máis efectivas no tratamento das deficiencias (…) relacionadas con problemas musculares".
Tras catro sesións (faltan dúas) desta punción seca (técnica se ben non é moi doorosa, si resulta un tanto desagradable) e exercicios para fortalecer abdominais a base de isométricos e de traballar cos glúteos medios (temos diso?), as molestias reducíronse moito: desaparecidas se fago trote a ritmo lento e regresan a ritmo “normal”.
Afortunadamente teño compaña para estes trotes de regreso ao asfalto: Elisa, Raúl, Pili… Grazas a todos e todas.
Nesta primeira quincena de marzo fixen un total de 53 km coas novas Acsis Cumulus-15 e tamén estreando as novas plantillas.
Nesta primeira quincena de marzo fixen un total de 53 km coas novas Acsis Cumulus-15 e tamén estreando as novas plantillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión