Que que
son estas fotos? Que que clase de medallas son? Que de que carreira?
Vaiamos
por partes.
Hai un
ano alguén agasallárame cunha empana tras rematar a carreira de Carballo. Este
ano, facendo un grande esforzo coa familia e a estrada, volveu achegarse ata a meta da mesma proba para agasallarme con detalles traídos desde a propia cidade
de Maratón. Si, si. A auténtica cidade de Maratón, esa que está a só corenta
quilómetros da capital grega.
Teño a
inmensa sorte de gozar entre as miñas amizades con Sandra R., a miña Rabudiña.
Estando de traballo por Grecia tivo tempo para mercarme unha réplica da medalla
entregada na primeira maratón da Idade Contemporánea, aquela que fora gañada, o
10 de abril de 1896, polo grego Spyridon Louis,
cun tempo de 2:58:50, tras percorrer a distancia entre a chaira de Maratón e o estadio olímpico de
Atenas.
Que
alguén se lembre de ti en Grecia, non está mal pero que alguén se lembre dos
teus vicios a tantos quilómetros non ten prezo.
Moitísimas
grazas, campiona.
Ese alguén non podía estar preto de Maratón sen lembrarse da persoa que lle ensinou que non se pode parar ata chegar á meta (calquera tipo de meta) e que incluso lle acompañou máis dunha vez ata a meta.
ResponderEliminarEspero que o próximo agasallo sexa unha foto xuntiños tras rematar algunha carreira.
BISOUS