Outra
semana cansado. Os cuadríceps semellan que non se dan recuperado do Trail do Mandeo. So fixen unha sesión de ximnasio e trotei cinco días cun total de 61
km. Sempre tiven a sensación de ir lento, de cansazo. O mércores fixen 6 series
de 500 metros en 2.00 a primeira e 1.40´´ a última. O domingo participei na:
II CP
Ruta da Construción Naval en Ferrol
Convencín
a uns cantos de Montrove para írmonos o domingo ata Ferrol e correr por dentro
do Arsenal, auténtica xoia da arquitectura militar neoclásica. Alí estábamos o
Chema, Raúl, Paloma e Antonio. Foi un
auténtico pracer ver de novo no asfalto ao noso Farmacéutico Veloz. Non hai
dores que podan coa súa forza mental.
Contaba con que do Club de Atletismo Sada
iríamos moi pouco posto que celebrábase o VI Triatlón Infantil Sada.
Tras
recoller os dorsais (pequeno despiste no meu) saudar ao grande mestre de cerimonias
Jabalí do Sacho, prepararámonos para a proba: vaselina por aquí, crema
calentorra por alá.
No
quecemento fun saudando aos amigos e amigas do CAS. Finalmente non fomos tan
poucos, uns catorce.
A saído
foi realmente novidosa. Saímos uns trescentos metros antes do control de chips,
facendo unha saída neutralizada. Uns membros da organización impedían unha
saída rápida porque diante ían un grupo de atletas duns dez anos. Tras cruzar o
arco de saída empezamos correr.
Saio
bastante adiante. Axiña escoito a Paula Mayobre quen parece que hoxe non vai
disputar a proba posto que lle aguanto uns centos de metros (que tempos aqueles
nos que lle aguantaba moito máis). Vai cun rapaz noviño. Pouco a pouco iranse
marchando.
Imos cara ao porto. Son dous quilómetros nos que me adiantan uns quince atletas. Corro só, cun grupo numeroso diante e outro aínda máis numeroso a unha ducia de metros por detrás. Damos volta no porto e entramos na zona militar. Vou cómodo co meu ritmo mais tratando de ir algo máis forzado que nas probas precedentes. Nunha viraxe de 180 grao visualizo a rivais e a amigos. Saímos do Arsenal, non se meterme con dous guapos oficiais da Armada, nunha costa duns douscentos metros e pasamos pola meta. Vexo que Jaime non lle da tempo a tirar unha foto. Tiramos cara a Caranza dando a volta e volvendo a situar mentalmente a miña posición. Iniciamos o regreso de novo cara a meta, Jaime tampouco tira a foto e iniciamos a segunda volta.

Paso o
quilómetro cinco en 19.00. Paréceme un bo tempo e anímome para trata de manter
o ritmo. Esta vez imos por riba do mercado. Pásame un atleta cun ritmo moito
mellor co meu. Cando entramos de novo no Arsenal, vexo moi preto a Suso Blanco,
con quen levo coincidido bastante nestes meses. Cando o collo, anímoo para que
veña comigo. Dime que vai canso pero aínda así, pégase. Por detrás ven José
Glez Bañobre. Tamén anima a Suso pero cóllenos uns metros. Suso vaise quedando.
Sorpréndome
cando vexo o cartel do quilómetro 9. Xa pasou a carreira. Collo aos dous que
van diante, o que me pasara pola zona do mercado e o rapaz que ía con Paula.
Estamos moi preto de Bañobre. Na última subida paso ao rapaz mais dígolle que
non teño sprint. Na saída do Arsenal os tres que tiña ao meu carón esprintan e
déixanme realmente cravado.
No sprint, vánseme...
Foi
unha auténtica faena ter un sprint despois dunha subida.
Tras
cruzar meta, collemos a bolsa do corredor (pedinlla á filla de Pedro) e a
agardar polos amigos.
Resultado:
37.31´´ no posto 29 dun total de 484 en meta e de 8º na categoría (+ 45) Houbo
xente que dicía que eran 9.700 metros cousa que creo posto que non estou para
facer ese tempo nun dez mil. Polo que debín facer a proba 3.52´´.
Tras cruzar a meta, máis fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión