Semana
de tan só 38 km, unha de pilates e unha sesión no fisio. Rematei abril con 233
km. Son poucos pero as expectativas para xuño son boas. O domingo participei no Campionato Galego de Veteráns en pista no complexo da Malata de Ferrol.
A viaxe
foi con Jesús (é xa unha tradición?). Cando chegamos á Malata informáronnos de
que o club probablemente chegue á ducia de medallas. Como é e como está o CAS.
So puidemos animar aos Javieres que, previamente a nós, fixeron o 5.000. Na nosa
proba poucos, pero que moi poucos, corredores e moito vento.
Facendo o quecemento con Jesús e un compañeiro de Mera
Xa na
saída vou deixando que Jesús e o compañeiro de Mera se me vaian. O meu
obxectivo é que Jesús tan só acade dobrarme unha vez. Trato de ir cómodo. En
cada paso por meta vannos cantando as voltas que nos falta a cada un. Eran un
total de 25….
Polo
terceira vexo que podo coller a un do Celta e xa na cuarta dóbrame o primeiro
que é da miña categoría. Que espectáculo velo correr. Creo que finalmente
pasaríame tres veces é dicir que sacoume máis dun quilómetro.
Vou ben
coa cabeza, non penso nas voltas que faltan, non me agobio. Comprobo que paso o
segundo quilómetro en 7.45´´. O cal quere dicir que realmente tiña que ir
cómodo. Fago toda a proba só. Pasarei a tres corredores e dobraranme catro,
incluído Jesús quen cando me pasa intenta quedarse comigo cousa que non tolero
e ameázoo con pararme se o fai, mesmo tiven que abrirme para demostrarllo.
Durante
toda a proba os colegas do CAS non deixaron animarnos en cada volta. Gras
Felipe, Montse, Javieres, Fernando…
Na
última volta trato de aumentar un pouco o ritmo.
Resultado: 39.41´´, 6º na xeral e 2º na categoría. Repito subcampionato galego de veteráns de +50 pero cun tempo peor en case tres minutos ca hai dous anos. Jesús tamén fixo segundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión