Semana
con 67 km e sen series. Unha saída en bici de carretera e unha sesión de fitpower
no ximnasio. O venres fixen con Pili unha tirada longa polas beiras do río Mero
e o domingo participei na II Carreira Popular do Ventorrillo na Coruña.
Cheguei
con tempo suficiente mais cun pequeno susto na recollida de dorsais pois o meu
non estaba. Alí non tiven a oportunidade de falar un anaco cun atleta que le
este blog polo agobio que me deu de atoparme sen dorsal. Menos mal que tiña un
no coche posto que esta proba forma parte do Circuíto Coruña Corre no que, por
certo, xa non puntúo pois non fixen (non farei) o mínimo das probas necesarias.
Tiña
previsto facer o percorrido da proba para coñecer o circuíto pois sendo dunha
distancia pequena (5.065 metros) pagaba a pena coñecer as súas subidas e
baixadas. A proba constaba de dúas voltas a dous pequenos circuítos. No
quecemento fixen unha volta a cada circuíto vendo que había dúas pronunciadas
baixadas e outras tantas subidas. Un circuíto quebra-pernas nada rápido. Mágoa
das baixadas…
Tras
ese primeiro quecemento comparto minutos coas xente do CAS. Moitos deles e
delas fixeran onte a nocturna de Santiago (como son…)
Coloqueime
no caixón de saída con Toni. Imos costa abaixo en dirección ao Ágora. Hai xente que sabe tirarse cara abaixo polo
que me adiantan bastantes. A primeira subida é por Mosteiro de Caaveiro onde,
sen presa, xa recupero algunha posición. Na segunda baixada en dirección ao Ágora só me pasa un corredor mais na
subida recupero varias posicións. Toda a xentiña do CAS que non participaba na
proba está tirando fotos (grazas Bea) ou animando.
O
segundo circuíto era en parte en asfalto e parte en terra. Os primeiros
cincocentos metros picando para arriba e onde melloro posicións. Logo unha dura
e pronunciada baixada. Ao iniciar a segunda volta comezamos a adiantar a moita
xente que está a facer a súa primeira volta. Ten un certo encanto adiantar
tanta xente… mais tamén poderíamos organizarnos mellor indo os da primeira
volta por un lado e os da segunda por outro. Animo ás persoas do CAS que
adianto.
Levo
volta e media detrás dun rapaz. Nas subidas póñome ao seu carón mais nas
baixadas…. Váiseme. Na última baixada cólleme varios metros.
Creo que o resto do mes baixarei algo de quilómetros, farei outros deportes para en agosto... traballar cara ao novo reto.
ENHORABUENA ANTONO, ERES UN CAMPEON
ResponderEliminarENHORABUENA ANTONIO, ERES UN CAMPEON
ResponderEliminarJuan Carlos
Grazas, compas.
ResponderEliminar