Na
semana do 15 de setembro fixen 73 kms. Houbo un día con 14 x 300 entre 1.11´´ e 1.00´´, outro día tocou 5x2000 pero fixen 4 (chovía sen parar) entre 8.40´´ e
7.50´´ cando o planificado era entre 8.45´´ e 8.00´´. O domingo había que facer
una tirada longa pero so saíron 18 km pois o corpo non deu máis de si.
Na
semana do 22 fixen tamén 73 kms. Houbo un día con 14 series de 500 metros, as
dez primeiras saíron entre 1.57´´ e 1.50´´ e as catro últimas entre 1.49´´ e
1.42´´ cando o planificado era entre 2.05 e 1.47´´. O venres con Pili e Julio
fixemos o novo percorrido do Coruña-10. Domingo participei na:
I Media Maratón Ferrol. A Departamental
Nesta
ocasión Pili si se deixou convencer e fomos ata Ferrol para facer esta nova
Media que parecía gafada no seu intento de posicionarse entre as medias de
Galicia. Despois de recoller os dorsais (ata en iso tivo problemas na
organización…) falamos e falamos cos amigos e compañeiros. O Club de Atletismo Sada sempre ten representantes en todas as probas. Os meus obxectivos
estaban claros: que Pili gozara desta proba e eu baixar de 1.23´´. Se hai
quince días en Porto era baixar de 1.25 agora tocaba forzar un pouco máis.
Pola
noite choveu algo mais o día amañeceu ben fermoso. Pensamos que tal vez teñamos
un pouco de calor de máis ao rematar.
Nunha
saída moi puntual e case sen querer axiña me vexo colocado moi diante. Non levo
présa. Vou buscando o meu ritmo, as miñas sensacións. Na primeira subida falo
cun rapaz que está adestrando pensando na maratón de Amsterdam, quere ir a
4.05´´. Déixoo. Busco o meu ritmo. Os quilómetros só están pintados no asfalto
polo que non vexo o primeiro. O segundo pásoo en 7.50´´. Vou coma un reloxo.
Gústame. Como non somos moita xente deseguido véxome só. Ninguén a quen
adiantar e ninguén por detrás. Trato de
convencer de que non me importa e que a maratón é un traballo individual. No
tres, cólleme un atleta pero quédaseme moi pronto. Chegando ao remate do paseo
marítimo de Caranza (onde tiñamos que dar volta para regresar ao porto de
Ferrol) noto una respiración detrás de min. Durante case dous quilómetros
váiseme pegando, cando por fin ponse ao meu par falamos. Trátase de Jorge
Rodriguez do Castro de Lobariz. Corre na casa. Hai moita xente que o anima.
Falamos dos que coñezo do seu club.
Cruzámonos
cos amigos. Saúdo a Pili. Vai fresca coma unha rosa e sorrindo. Bo sinal. Vai
acompañada por un atleta que só a abandonará nos derradeiros douscentos metros.
Vou por
diante de Jorge ata a Praza de España, baixamos xuntos polo barrio da Magdalena
(aínda está o chan mollado pola auga da noite e xa teño experiencia de caerme
por aquí), subimos polo mercado modernista (como me gusta Ferrol). Rematamos a
primeira volta en 40.27´´ (quilómetro 10,5.) Creo que vou rápido de máis pero
síntome ben. A compañía é magnífica. Danos tempo para ir charlando. Durante
algúns metros acompáñanos un ciclista do seu club. Ímonos achegando a algún de diante.
Facemos as subidas xuntos.
Son
quilómetros nos que gozo da distancia. Vou cómodo, con boa compaña, a bo ritmo.
Que máis se podería pedir…
Para a
miña sorpresa un rapaz pásanos forte no 15. Jorge cóllelle as costas. Eu acabo
de comprobar que imos a ritmo de 1.20´. Creo que é demasiado rápido para min e
que non chegarei a ese ritmo. Decido deixalos marchar (outra redacción
alternativa): non lles podo seguir o ritmo e vánseme. Tomo o xel que levaba para unha ocasión
especial.
Na
curva pechada para dar a volta en Caranza vexo que por detrás non hai problema
a non ser un rapaz que ven lonxe pero a un ritmo moi forte. Sei que faltan
poucos quilómetros. Vou moi cómodo nesta distancia. Creo que é a que menos mal
se me da. Agora toca regular. Tratar de non perder ningunha posición e chegar á
meta por debaixo de 1.23´.
Noutra
curva pecha comprobo que o rapaz vaise achegando. Trato de forzar o ritmo e de
que me colla o máis tarde posible. Vaino facer nas rúas previas ao mercado. Non hai problema. Non hai sensación
de derrota. Derradeira subida. Derradeira baixada. Vexo meta e saúdo coa man a
canto cativo hai.
Resultados:
1.22.06´´ de 13 na xeral sobre un total
de 245 chegados á meta e de 1º categoría, a 3.54´´ o quilómetro.
Tras
cruzar a meta, saúdo e felicito aos compañeiros que me adiantaron. Como aínda
ando con forzas inicio un trote en dirección contraria. Vou buscar a Pili.
Animo a todos cos que me cruzo (recoñezo que me fixo moita ilusión que un
destes atletas me dera as grazas na zona de aparcamento posto que os meus
folgos entendeu que lle serviran de moito). No barrio da Magdalena vexo á
Keniata de Montrove coa súa parella. Semella vir cansa pero tirando coma unha
campiona. Vai entrar de segunda na clasificación de mulleres e de primeira na
súa recentemente estreada categoría. Parabéns
A organización
debe estar tranquila. Todo o que dependía do seu esforzo saíu estupendamente.
Parabéns. Mauro afirma que este perfil ten unha subida acumulada de 190 metros.
Na meta
están agardando por nós Pepe e Gonzalo. Recollida de trofeos. Ducha en Ferrol e
xantar en Ares.
Unha
boa marca e un bo resultado. Agora toca facer as tiradas longas, longas,
longas…
As fotos da carreira son de José A. Paz Lobeiras.
As fotos da carreira son de José A. Paz Lobeiras.
puffff , el maestro ha vuelto , enhorabuena , orgullosos nos tienes , carrerón y tiempazo
ResponderEliminarGrazas Pedro. Pero para mestres e montes... hai que falar cos xabaríns.
ResponderEliminarQ bo es! Bo corredor que vai de charloteo e bo amigo! Bisous
ResponderEliminar