Na
primeira semana de setembro fixen 71 km. A salientar que houbo un día con 6
series de 500 metros entre 2.05´´ e 1.46´´ e unha tirada de 21 km en 1.33.38´´.
Na segunda semana caeron outros 72 kms e una sesión de GAP no ximnasio. Tocou
outro día de series de 1.000 mais cando o planificado era facelas entre 4.05´´
e 3.50´´ a primeira saíu en 3.52´´ (a
falta de costume…), polo que nas tres seguintes houbo que manter o ritmo e nas
dúas últimas baixei a 3.49´´ e 3.45´´. O domingo participei na:
VIII Meia Maratona de
Porto
Unha
ducia de persoas achegámonos ata Porto dos que tan so cinco corremos a media. Cristina e Alex ían facer a
súa primeira carreira e nada menos ca unha media maratona. O sábado foi día para
o bo xantar e recoller os dorsais. O domingo pola mañá, tras o pequeno almorzo,
fomos ata a meta para deixar os coches e coller un autobús ata a liña de saída
a onde chegamos con hora e media de adianto. Como ameaza chuvia non nos
separamos moitos da ponte de…. Para estar ben cubertos. Hai tanta xente e o
espazo é tan limitado que non facemos quecemento.
A zona
de saída está ateigada de cámaras de televisión e de helicópteros (por certo un
deles pintado coas cores da bandeira republicana española…)
Cando
falta media hora deixo os meus colegas para irme ata o meu caixón. Trato de
trotar dentro del o mínimo imprescindible pero é case imposible. Agardo 25
minutos parado. A temperatura xa está nos 20 graos e a cercanía de tantas
persoas fai o o ambiente aínda estea máis quente.
Hai
varios anos que non fago unha media en asfalto con carácter individual (marzo de 2012 na Vig-Bay con 1.21.27´´) polo que
lle teño un certo respecto á distancia. O meu obxectivo é sentirme cómodo na
proba a ritmo de catro minutos o quilómetro e se as cousas foran ben, en
quince días, na media de Ferrol facer o test pensando na maratona.
Cunha
puntualidade británica dáse a saída ás 10.20 h. Tardo 20 segundos en cruzar a
liña de saída. Teño tanta xente diante que non podo correr. Aos poucos vou
collendo velocidade correndo polas beirarrúas. Fago o primeiro quilómetro en
4.20´´. Vexo diante a Fernando Rama dos Taninos de Ponteareas, apurando, segundo quilometro por baixo
dos catro minutos, chégome ata el. Charlamos un rato. Primeiro paso pola Ponte
de Dom Luis. Ao final vexo ao fotógrafo oficial da viaxe. Sepárome de Rama para
saír máis guapo na foto.
Tras a ponte e na baixada a Vila Nova de Gaia, Rama
váiseme. Aparece o adoquín e todos subimos pola beirarrúa. Seguimos pasando xente. Fago o primeiro cinco
mil por baixo dos 20 minutos.
Pola
beira sur do rio Douro imos facendo un grupo dunha ducia de corredores a ritmo
de catro minutos ao quilómetro. Hai moita humidade. A equipación xa está toda empapada.
Pasamos diante das adegas, logo do estaleiro da ribeira e, sorpréndome, cando
seguimos correndo no lugar onde na maratona damos a volta. Paso o quilometro
oito tamén por baixo dos 32 minutos. É un territorio descoñecido para min. A
paisaxe vai gañando en beleza. Xurde
unha pequena subida, logo outra para dar a volta.
Cando
iniciamos o regreso decido parar a evacuar líquido. Perdo corenta segundos.
Esta foi a peaxe por estar agardando tanto tempo na liña de saída. Error de
novato. Reincorpórome á carreira. Vexo que o meu ritmo é superior á xente que
vai onda min. Decido ir tirando collendo máis xente. Paso o quilometro 10 en
40.20´´. Antes de chegar a Porto saúdo ao grupo de Cristina, Alex, Álvaro e
Chema. Véxoos moi ben. Tamén constato que o ritmo que levo é bo. Vou
recuperando tempo ao grupo de Rama. Antes de rematar por Gaia xa collo xente
descolgada dos grupo do Tanino. Vexo un rapaz de Ourense. Vou con el un
quilómetro.
Ao
cruzar a Ponte vexo a grupo de Oleiros, saudámonos. Collo a bandeira
republicana, sepárame un pouco dos corredores para ser máis visible para o
fotógrafo.
Tiramos
río arriba. No
asfalto vexo as pintadas dos quilómetros da maratona. Dáme medo escénico: 24…29…33… Na tirada cara á ponte sobre a A-20 o meu
ritmo continúa sendo bo. Desde a "parada técnica" non me pasa ninguén. Vou
adiantando… Xa imos todos moi concentrados… Todos? Non hai dous rapaces (30-40
anos) que van charlando. Son fondistas que van facendo un adestramento longo.
Cando chego onda eles ao velos tan sobrados non me decido pasalos.
Escoito
unha respiración moi ruidosa, mesmo con profundos asubíos ás miñas costas. É
unha rapaza. Despois dun quilómetro, pásame pero non se me vai. Vou con ela ata
que se me queda. Pasamos, de novo, ao carón da Ponte de Dom Luis I. O meu grupo
non me tira ningunha foto (onde estabas Raúl?). Subimos polo túnel. Como me
gustan estes metros na escuridade… A temperatura baixa algo. Hai música moi alta. Gústame.
Por tradición nas subidas… manteño o ritmo. Paso xente. Na saída do túnel parece que o
corpo quere darme un baixón. Son uns segundos de pánico… pero só uns segundos.
Imos
moi estirados pero sigo pasando xente. Teño a Rama, vai con tres máis, a menos
de 20 segundos. Imos polo percurso da
maratona. Está todo dominado… Corro en casa. Sorpréndome cando unha rapaza que
adiantara, me pasa. Vai coa súa lebre. Nestes últimos quilómetros cada que vez que adianto a alguén, anímoo. No 19 un rapaz responde aos meus ánimos, engánchase.
Tiramos xuntos. Forzamos desde o 20 mais sen esprintarnos. Temos diante a Rama. O cronómetro oficial supera a
hora e vintecinco minutos pero o meu non chega…
Seguindo
coa tradición, a rapaza que me entrega a medalla ten que darme tamén dous
bicos. Felicito ao meu compañeiro dos últimos metros e á rapaza. Tamén charlo
uns intres con Rama (sorte en Amsterdam, campión)
Resultado: 1.24.54´´ (a 4.01 o quilómetro) na posición 208, sobre un total de 4.483 e de 17 na categoría.
Busco
na liña de meta aos coñecidos. Non están. Recollo os agasallos (bebidas e
plátanos) e diríxome ata o estand de Powerade. Masaxe suave e bebidas frías.
Cando me calzo… un xemelgo protestou duramente. Unha unlla tamén protestou (e
sigue facéndoo)
Vou ata
a ponte da Rabida para facer os últimos metros co grupo de Montrove. Como non
dan chegado regreso ata a meta. Por fin o fan. Son uns heroes e una auténtica
heroína.
Despois
veu a ducha nun edificio magnífico e un extraordinario xantar en Matosinhos.
Tudo bem?
Tudo bem
Próximo
obxectivo:
Sesión de fotos na Ponte de Luis I
Ola:
ResponderEliminarMoi boa crónica da Meia Maratona de Porto!!!
Noraboa polo teu gran rendemento e grazas polos teus comentarios e ánimos.
Espero que teñas un gran resultado no teu obxectivo do 2 de novembro no Porto
Saúdos de Fernando Rama e por extensión dos Taninos Runners de Ponteareas
Boa sorte para ti tamén, Fernando.
ResponderEliminarImpresionante primo, un campión!. Que preciosidade de crónica e fotos.
ResponderEliminarEntendo que o 2 de novembro hai maratón enterita en Porto, estaría ben irte ver!