Semana
con 47 km en tres tiradas incluída a participación na III Media Maratón
Solidaria de Vilagarcía.
Foi una
proba onde dimos o cante baixo a chuvia, como lle gusta á Serea de Running inthe rain. As previsións climatolóxica a certaron de pleno. Auga durante toda o
proba polo que case non fixemos quecemento.
Do CLlub de Atletismo Sada: Beni, Raúl, Jesús e o que escribe. Ademais tivemos a sorte de seren acompañados
por Pili.
A miña
idea era facer quilómetros xa que como aínda estou en fase de “descarga” que
diría o ausente Julio… Pois tocaba trotar co obxectivo de baixar de 1.25´. Jesús
modificou a súa idea orixinal de forzar para acompañarme xa o que día non lle
ía ser propicio.
Mollándonos
permanentemente saímos, sempre por baixo dos catro minutos. No sete paro a atar
una zapatilla (a terceira vez en máis de cen carreiras), no oito recollo a
gorra. Desde o nove o xemelgo esquerdo vaise
cargando. O mestre Jesús sempre agardando por min.
Nos derradeiros tres
quilómetros trata de provocarme para aumentar o ritmo pero non hai quilómetros
nas pernas e si cansazo acumulado. É a primeira proba na que teño alguén que
tire de min (xa ía sendo hora). Moitas grazas, compañeiro. A vindeira semana toca baixar o número de quilómetros.
Pili,
ao seu: terceira fémina na absoluta e primeira na categoría. Que grande.
Resultados:
Jesús fixo 1.22.25´´ (e eu con el) de 63 e 64 na xeral sobre un total de 537 e na categoríA (+45) de 10 e 11.
Eskerrik
asko, Josu
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión