Quince
días sen competir e con moito descanso pois hai que cumprir as ordes dos fisios
que para algo se lles paga. Desde a maratona de Porto e despois de tres sesións
de masaxes os xemelgos parece que van recuperando pero aínda hai varios puntos
con malas sensacións (xemelgos, nocello esquerdo, abdutor dereito). Non hai
moitas gañas nin de adestrar nin de iren ao ximnasio.
Esta
semana busquei compaña feminina para saír da casa. Grazas Pili, Elisa e Laura
por compartir quilómetros con este ancián.
Coa
idea de comprobar os xemelgos e para facer una tirada longa, participei na XXIX
Volta á Ría, Memorial Adolfo Ros, coa idea de facer 1.25´. Este ano tocou a
saída desde Ferrol. Compartín coche de ida con Mauro (que bo descubrimento,
outro trotador e veciño; grazas). Chegamos xusto para coller os dorsais e, sen
quecemento, saír.
Cada
día é máis motivante compartir eses minutos iniciais cos coñecidos e amigos do
asfalto. De toda a xente saudada teño que facer especial mención aos amigos do
Castro de Lobariz. Creo que pedirei unha ficha especial para competir con eles
en Ferrolterra…
Saída
demasiado rápida (2 km en 7.30´´) por ir falando cos coñecidos e mesmo con algún
compañeiro que tamén fixera a maratona de Porto (Diego Alvarez).
Polo segundo quilómetro, conversando con Diego, colega da Maratona de Porto (grazas pola foto Iria Díaz)
Un percurso ben fermoso
Desde o
quilómetro tres decido baixar o ritmo, e, sen chegar facer grupo, andiven case
sempre o coa mesma xente. Ata o seis vanme pasando atletas, e desde aí creo que
vou recuperando algo. Despois de deixar a Estrada de Castela, iniciamos as
subidas por Xubia. Paso o dez mil algo por baixo dos 40 minutos. Case ao
rematar as subidas, adiántame o mestre-cabaleiro Bernardo. Que ben corre este
home, sempre de menos a máis. Dime que me pegue a el pero rexeito o
ofrecemento. Pouco a pouco iráseme marchando. Baixamos a Fene e iniciamos a
Ponte das Pías con vento. Gústame un montón correr por lugares emblemáticos, é
esta ponte é un desde sitios especiais. Na saída das Pías volve picar para
arriba. Vou realmente canso pero coa idea de tratar de baixar do 1.25´. Nas
primeiras rúas de Ferrol volvemos subir, mais en canto vexo os edificios da
Praza de España, a falta de case dous quilómetros, trato de forzar e tirar,
tirar, tirar. Cousa rara, neses dous mil metros finais non me adianta ninguén.
No derradeiro quilómetro. Foto de Lobeiras (grazas, campión)
Resultados:
1.24.39´´, de 68 (sobre un total de 920) na xeral e de 5º (detrás do gran José
L. Bouza) na categoría, a un ritmo de 4.01´´. Os xemelgos portáronse moi ben e case non se cargaron.
Creo que xa non teño escusa para voltar ao asfalto e as series.
Grazas pola foto Pazolesky
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión