Imos
actualizar o blog tras un mes sen competir. Despois da Media de Os 21 do camiño, púxeme en mans de Angel
para tratar de controlar os adutores pois apareceran amagos de molestias no
pube. Só puidemos atopar datas para tres sesións (cajo nas vacacións) Ademais
despois de facer 35 km en bici e ao rematar unha clase de Fitpower no ximnasio
un isquiotibial tamén protestou. Polo tanto? Neste mes máis do mesmo: repouso,
descarga e non forzar.
Recuperei
a miña vella bicicleta de estrada (xa ten o cualificativo de vintage). Fixen
algo máis de 250 km, nunha ocasión acompañado (ou mellor dito, detrás de Iago)
e volvín gozar dela. Lonxe fican aqueles tempos onde rodaba moito máis de 1.000 km ao mes.
As
zapatillas tamén foron gastadas pois saíu un total de 158 km.
Ademais
tratei de regresar ao ximnasio, gozando das sesións de Bike sempre con boa
música (a derradeira sesión do mes foi rematada con un Proud Mary interpretada
por Tina Tuner)
Tamén gocei dunha versión cañeira e en directo do Vals del obrero de Ska-P.
En
conclusión. Hai molestias pero hai máis gañas de comezar rodar forte con
obxectivos á vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión