Nos cinco anos anteriores rematara agosto cunha media de 295 kms realizados. Neste ano foron 197. Pensando en positivo (canta forza mental nos aporta a experiencia de participar en maratóns) é que segundo o fisio (grazas Angel) todo vai por una camiño de mellora.
Agosto gocei das tiradas polos montes de Muros-Carnota. Gocei de boa compaña (Iago, Pablo e, perdón, Jesús). Gocei dunha vistas realmente marabillosas e dunhas paradas técnicas para lembrar visitas anteriores a algún dos conxuntos de petroglifos máis importantes ou máis fermosos da Galicia: Laxe das Rodas e Cova de Bruxas.
Gozade tamén vos das seguintes fotos.
Muros
Cérvido en Cova da Bruxa
Monte Louro con Corrubedo ao fondo
Laxe das Rodas
Monte Louro e Area Maior
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión