Rematei outubro con 208 km, algún menos ca en setembro porque houbo
días para descansar do asfalto. Iniciei novembro participando, case por
imposición (que non home, non) de Julio na V Carreira Popular centro “Ricardo
Baró” Aspronaga. Proba solidaria organizada por uns bos amigos e amigas e que
conta co apoio, en persoal e infraestruturas do Club Atletismo Sada. Uns días
antes, Pili, tamén obrigada a participar (que non home, non) e máis eu trotamos
polo percorrido para que ela fora consciente das subidas.
Tan pouco afeito estou a isto das carreiras (que se nos perderá
correndo sen sentido polo asfalto?) que saín da casa sen o chip. Pero como a
proba faise a dous quilómetros da casa, non houbo problema (mágoa Julián que ti
o esqueceras…)
Pouco quecemento e tempo para continuar saudando a corredores que
había tempo que non vía. Fíxome especial ilusión charlar, xa sen o
micrófono, con Jabalí do Sacho, míster speaker dos trails e de canta proba
solidaria exista. Que grande eres Pedro!!!
Saída rápida pois era en baixada a un ritmo alto. O primeiro km a 3.26´.
Sorprendentemente non me pasa ninguén na rápida baixada. Achégome a Julio e tiro onda cun segundo km a 3.49´´. Vemos como Luís vai tirando cos mellores. Tamén ven Robert. Iniciamos a subida de case mil metros. Xa non lle aguanto a Julio e cólleme uns metros.
Foto de Jorge Valdés
Sorprendentemente non me pasa ninguén na rápida baixada. Achégome a Julio e tiro onda cun segundo km a 3.49´´. Vemos como Luís vai tirando cos mellores. Tamén ven Robert. Iniciamos a subida de case mil metros. Xa non lle aguanto a Julio e cólleme uns metros.
Na parte final vou recuperando de novo e
pola Ferrala case vou pagado a el. Iniciamos baixada por camiño de terra.
Voulle collendo metros ao noso triatleta. Vouno tratando de animar para que non
deixe de tirar pero cando chegamos á estrada para iren dirección meta xa vou en
paralelo a el e pásoo antes de entrar en Aspronaga. Trato de animalo.
Nos últimos metros levo a Julián moi preto. Bérrolle para que force dicíndolle que vou tras el. No sprint final son adianto por un colega do CAS.
Fotos en carreira de JM Ríos
Foto de Jorge Valdés
Nos últimos metros levo a Julián moi preto. Bérrolle para que force dicíndolle que vou tras el. No sprint final son adianto por un colega do CAS.
Entrando na meta depois do Julián, o primeiro da categoría.
Resultados: de 21 (de 237 chegados á meta) en 21.30´´ 1º cat. seguido de Julio a 5 segundos. Saíronme 5.600
metros a unha media de 3.49´´. Ben lembro como hai tres anos ao enfrearse os
isquios coxeaba. Agardo que todas esas molestias sexan cousas do pasado. So hai
futuro por correr.
Compartindo podium coas compañeiras, Julio e Alfonso
A proba tivo varias sorpresas. A primeiras pasarlle a Julio. Non
contaba con iso pois está adestrando moi forte e cuns ritmos mellores cos
meus. A segunda foi que o primeiro da categoría, Julián que entrou por diante de min,
esqueceu o chip na casa e non foi incluído nos resultados. Pero nós sabemos que
el foi o mellor na nosa categoría.
As mulleres impresionantes, Nati de 2ª e Pili de 3ª na clasificación
absoluta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión