A Coruña-10 é sen dúbida unha proba especial para min. Nunca
foi o obxectivo da tempada, nunca foi a máis importante, sempre estivo ben ao
inicio ou ben no medio de algo. Pero ten un aquel especial. Nesta
ocasión, volver pisar o asfalto coruñés sen preocupacións polas lesións.
En abril do 2016 foi a última vez que fixen esta distancia na Coruña (39.12´´) xa en fase de abandono, en outubro do 2015 tivera que abandonala (do máis de centenar de probas nas que participei só abandonei en tres e dúas foron na Coru, neno) e no 2014 (que ano!!!) fixera 37.01.
En abril do 2016 foi a última vez que fixen esta distancia na Coruña (39.12´´) xa en fase de abandono, en outubro do 2015 tivera que abandonala (do máis de centenar de probas nas que participei só abandonei en tres e dúas foron na Coru, neno) e no 2014 (que ano!!!) fixera 37.01.
Pois ben no 2018, con so sete semanas de adestramentos, sen
molestias, sen medo á lesión, volvina facer. Dez mil metros pola Coruña. LUME.
NOTA: Hai cousas que non cambiaron desde a miña anterior
época de “atleta”: a entrega de dorsais no Corte Inglés continúa a ser a peor
das que coñezo, e mirade que coñecín. Hai probas con máis de dez mil
participantes (maratonas de Madrid ou Barcelona) ou incluso de vinte mil
(Behobia-San Sebastián) nas que os dorsais son entregados con máis prontitude.
Pois na Coruña10 tiven que agardar 40 minutos. Alucinante.
Semana con poucos quilómetros ao igual que tamén serán poucos
na vindeira. Como temos un club moi “apurao” hai que madrugar para tirar a foto
conxunta ás 9.10. Os e as que se retrasaron uns segundos, non saíron.
Quecemento escaso con Lina, Adri, Félix.. Agardo no caixón de saída con Lina e Rober. Non vemos nin a Jesús nin a Nati.
Quecemento escaso con Lina, Adri, Félix.. Agardo no caixón de saída con Lina e Rober. Non vemos nin a Jesús nin a Nati.
A idea inicial é saír cómodo buscando sensacións e logo
forzar o que se poda. Saímos bordeando o estadio de Riazor, vou polo lado máis
lento sen molestar aos que nos adiantan. A sorpresa é ver que o primeiro km saíu
a 3.48´´. De verdade que ía cómodo pero decidín baixar algo o ritmo. Perdo a
Rober. No segundo km toca subir ata o Milenium: 3.57´´. Xa me van pasando
menos corredores. Desde que imos pola contra-meta creo que practicamente non me
adiantou ninguén máis ata a liña de meta. Collo a Javier do club, quen anda a pensar máis en Porto que na Coruña, e
facemos tres kms xuntos.
Ánimo de toda a xentiña do CAS (Montse, María Luisa, Mario…). Pero
que grande son. Fotos de Fran (está en todas e sempre sacándonos o lado
bo). No avituallamento do km 5 acelero
algo para non molestar e non ser molestado collendo auga e perdo a Javier. Xa imos en dirección á rotonda da Torre. Vexo na beirarrúa ao mestre
Bernando, atraveso toda a estrada para chocar a man. Canto tempo sen velo en
competición! Que ledicia!. Sae o km máis lento 4.06 pero remata con ánimos
personalizado de Iago que andaba a facer a súa tirada longa pensando en
Valencia.
Vou pasando xente con kms a 3.55´´, 3.53´´, 3.57´´. Sorpréndome
as forzas que aínda teño. Cando so faltan dous mil metros decido que hai que
baleirarse, que hai que dalo todo, que hai que coñecer o estado de forma
despois de sete semanas de adestramentos. Van ser os dous kms máis rápidos,
3.47´´ e faltando uns 1.500 metros vexo diante a Inés.
De novo ánimos personalizados desde a beirarrúa e novo cambio de ritmo. Esprint de mil metros a 3.37´´, a subida a meta faise dura. Vexo unha sombra que se achega por detrás. Alguén adiántame na liña de meta.
Grazas, de novo, Fran polas fotos.
De novo ánimos personalizados desde a beirarrúa e novo cambio de ritmo. Esprint de mil metros a 3.37´´, a subida a meta faise dura. Vexo unha sombra que se achega por detrás. Alguén adiántame na liña de meta.
Falo con Inés. Afrouxou algo no final. Está preocupada por
unha posible lesión. Eu entro feliz.
Resultados: 39.45´´ (neto 39.37´´) de 260 sobre 3.081 chegados a meta e de 19 na categoría.
Non hai restos da lesión da cadeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión