Que
facer o día anterior á Vig-Bay?
Que facer o día anterior a unha proba na que hai un obxectivo moi claro pensando na maratón de tres semanas despois?
Que facer o día anterior a unha proba na que hai un obxectivo moi claro pensando na maratón de tres semanas despois?
Pois no meu caso, facer 400 quilómetros para ter unha enchenta de lamprea e un concerto en directo de dúas horas.
Efectivamente,
se admito que correr é xa unha paixón, tamén o é (o é ou foi?) a biblioteca
escolar. E como unha parte máis da biblioteca escolar, as xuntanzas
gastronómicas coas responsables dalgunhas das mellores bibliotecas escolares
galegas que, para o caso, é como dicir, das mellores do Estado. Este sábado
tocaba repetir experiencia culinaria en As Neves para lembrar o sabor da
lamprea en rolo (seca e cortada coma se fora fiambre). Mais este ano
abandonamos o restaurante e dirixímonos, tras visitar a escola unitaria deVide, á Casa da Auga, na parroquia de Vide, concello de As Neves.
A
mestra, as mestras e as súas nais (as da escola, se entende) preparánronnos,
con todo o amor do que se posible agasallar, un eterno xantar a base de
canapés, tortillas (ovos caseiros, con patacas, con xamón, con chourizo…)
tortas de verduras, queixo e logo, a lamprea con diversos tipos de ensaladiñas.
De sobremesa: , ademais duns fenomenais biscoitos, un licor café
inconmensurable.
Tras o xantar, principiou a festa: dúas horas de música ao vivo a cargo das Pandereteiras de Vide. Impresionantes… cada ano fano mellor aínda que nos pareza incrible. Como agradecer tanta xenerosidade?, tanta paixón polo "público"?, polo colectivo?
E
que dicir desa mestra… desa FUNCIONARIA (así en maiúsculas, con orgullo do que somos, do noso traballo, e de para quen facemos o que facemos) que non sabe onde remata o seu
traballo e principia a súa vida… que
neste sábado parece que traballa e cando é luns abra o local de traballo seguro que parece que
está de vacacións e feliz de convivir cos cativos na súa escola… E que escola…. Se hai que facer (¿)
recortes que, por favor, a esta unitaria que non a toquen.
Grazas
Sabela. Grazas Lourdes. Grazas pandereteiras. Mañá na carreira seguro que me
lembrarei dos biscoitos e do licor café.
Onde está o botón de "me gusta"?...
ResponderEliminarXa regresaches?.
ResponderEliminar