Continuando
coa crónica semanal de recuperación, direivos que o luns só fixen 30 minutos de
abdominais, o martes 30 de natación (1000 m. en 24) e 17 km. O mércores 10 km e
30 de abdominais e 60 de Body Pump. O xoves outros 17 km. Venres e sábado foime
imposible saír e o domingo fixen a Media Maratón da Coruña. En total 65 km e
2,30 horas de ximnasio. Imos progresando… mais o nocello non está ben. Nótoo
feble e con molestias en frío.
E
o domingo 27… volver ao asfalto en competición? Pois non, aínda non estou para
competir pero si estou para volver gozar dunha carreira acompañando a Pili. A
Keniata de Montrove volveu no asfalto coruñés a unha proba de fondo despois de…
moitos meses. Foi toda unha honra que nos deixara, a Julio e a min, acompañala
no seu retorno.
A
idea que tiñamos os dous acompañantes era ir facendo as tres voltas de que
constaba esta media cada vez máis rápido. Para iso tíñamos que saír moi atrás e
moi amodo. Pois efectivamente fixemos os dous primeiros quilómetros en dez
minutos. Logo, guiados por Julio, fomos aumentando o ritmo ritmo ata poñer unha
marcha en torno aos 4.30 minutos ao quilómetro. En varios momentos da terceira
volta baixamos de 4.30.
Cando se acompaña a alguén nunha proba nunca se sabe se tratamos de forzala demasiado, se, ademais de animala constantemente, provocamos nela unha sensación de rexeitamento polo esforzo solicitado. Esta sensación non é a primeira vez que a teño. Espero que Pili poda perdoarnos o esforzo dos dous últimos quilómetros igual que nós a perdoamos por facernos esperar hora e media porque… no seu retorno e lonxe dos seus mellores tempos, colleu o primeiro premio da súa categoría tal e como se pode comprobar nos RESULTADOS.
Cando se acompaña a alguén nunha proba nunca se sabe se tratamos de forzala demasiado, se, ademais de animala constantemente, provocamos nela unha sensación de rexeitamento polo esforzo solicitado. Esta sensación non é a primeira vez que a teño. Espero que Pili poda perdoarnos o esforzo dos dous últimos quilómetros igual que nós a perdoamos por facernos esperar hora e media porque… no seu retorno e lonxe dos seus mellores tempos, colleu o primeiro premio da súa categoría tal e como se pode comprobar nos RESULTADOS.
Saímos case de últimos e, lentamente, adiantando xente sen parar. Tan só nos tres últimos quilómetros dous irresponsables atrevéronse a adiantarnos. A
primeira volta foi, aproximadamente, en 33 minutos, a segunda en 32 e a
terceira en 31. Perfecto. Ía dicir, mellor do esperado, pero é que correndo con
Pili, sempre se fai o mellor que se espera.
Ao
longo da proba, como ía moi cómodo, teño que recoñecer, fun saudando a todos os
amigos e amigas do C.A. Sada. Que gran carreira fixeron case todos!!!. Menuda
progresión levan. Tan só un par de atletas tiveron problemas físicos que irán
amañando nas vindeiras semanas. Sorte para eles.
Como
corriamos na casa, como quen di, tivemos un fotógrafo para nós e unha cámara de
vídeo… hai que ser pringaos (ou moi amigos) para pasarse dúas horas mirando e
acompañando a unhas persoas e pantalón curto… Grazas Ana, Juan e Chema.
Pero
creo que teño que facer un parágrafo especial adicado á miña compañeira de
quilómetros. Foron moitas as horas nas que trotamos xuntos pero tamén, e desde
hai pouco máis dun ano, moitas as horas nas que trotamos separados en solitario. Tras estes meses,
a emoción de compartir con ela toda unha media maratón é inmensa. Podedes ler as súas sensacións no blog daPanadería de Osedo.
Fíxome
especial ilusión estar na meta con Isabel e Iago, xa que a Rabudiña non puido
acompañarnos…
A proba na Voz de Galicia e na Opinión.
A proba na Voz de Galicia e na Opinión.