Erguinme
toda a semana moi canso e sen gañas. Decido que hai que darlle descanso ao
corpo. O luns só abdominais e deixo colgado a Juan no ximnasio (nadiña de
gañas…) O martes natación, mércores abdominais e 5 km para quecer as pernas e
darlles unha boa sesión de estiramentos. O xoves ná de ná e o venres, con Pili
e Juan unha hora de ximnasio. Sábado traballo no xardín e o domingo, para non perder o costume, un
dez mil. Nesta ocasión en Carballo.
Foto de Alberto Morlán
Como ben me avisaran Roberto e Carlos a proba constaba de dúas voltas cun continuo subir e baixar pero menos dura ca de Ordes. Ademais non contaba co aliciente da miña Rabudiña nin no asfalto nin entre o público. Tamén botei en falla a Jesús Álvarez, compañeiro nas dúas ultimas carreiras.
Desde a
saída o percorrido foi tirando para arriba case mil metros, logo continuas
subidas e baixadas. Saio ben. Paso o segundo quilometro en 7.30´´. Contento xa
que non era demasiado rápido nin demasiado lento. No segundo ou terceiro
quilómetro cólleme Roberto García (38.44´´)
Pouco
despois escoito unha desas frases profundas que fan a un reflexionar: paisano
na terraza dun bar, preguntando ao colega:
“E a carreira, para que é?”
Ao iniciar a segunda volta, derroto
os pensamentos que me pedían deixar de correr. Continúo tirando sen moita
forza. Falo con alguén da Jamomería La Leonesa dándolle recordos para o mestre
Bernardo. Rematando o quilómetro oito, adiántame Alberto Antelo (39.02´´) A
partir de entón arrástrome ata a meta: 39.11´´. Entro de 56 na xeral e 5º na
categoría sobre un total de 607 atletas.
Detrás
entraron Alberto Morlán (40.41´´), Carlos Pazos (41-32´´) e Manuel Ferreira (43.58´´). Resultados.
Tras
cruzar a meta e saudar a Roberto e a Alberto achegueime ata os fisios: repaso
ao piramidal.
Conclusións:
tras unha semana de repouso (se non se adestra non se corre nas probas) o
nocello rematou mal, o piramidal necesita un repaso e esta non é a mellor época
para os meus pulmóns (cuestión de alerxia) Creo que vai sendo hora tomarme en
serio o de facer os amaños de chapa e pintura de todos os anos. Hai que estar
ben para agosto…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión