Creo
que o 2012 non foi un bo ano. Participei en 19 probas e corrín máis quilómetros
ca nunca: 2.912 pero non acadei as metas desexadas: na semana anterior aos grandes
obxectivos do ano, en abril (maratón da Coruña) e en outubro (maratona de Porto) o
corpo non aguantou, primeiro cunha inflación dos ligamentos do nocello esquerdo
e, logo, cunha pubalxia de cabalo.
A lección creo, estache ben aprendida, facer
menos quilómetros e marcarse uns obxectivos menores.
En
xaneiro (253 km) participei por vez
primeira na fermosa media maratón Manuela Machado en Viana do Castelo.
En febreiro (325 km) estrei, en pleno Entroido, a I media maratón do Ribeiro e federeime co Club de Atletismo Sada (o CAS).
En maio (230 km) colaborei con Julio ao regreso de Pili á competición na media maratón da Coruña.
En xuño (144 km) coa forma perdida, fun á XVII de Ordes, ao campionato galego de veteráns en pista e ao dez mil de Carballo.
En
xullo (311 km) só trotei para iniciar a recuperación.
En
agosto (376 km), xa collendo de novo a forma, participei na I Pedestre de
Vimianzo, na XIX Carreira a Pé de Lira e na XXI das Areas de Carnota.
En
setembro (387 km) participei no VIII Cross de Broña e na II nocturna de Ferrol.
En
outubro (266 km), en boa forma fixen os dez miles da Coruña e de Sada, Carreira da Auga.
En
novembro (114 km) fixen a II C.P. de Novo Mesoiro e logo gocei da Behobia-San Sebastián.
En
decembro (26 Km) inicieino coas 3 Millas solidarias Inditex-Arteixo,
continuei co II Cross dos Menhires e rematarei o ano coa san Silvestre da Coruña.
Grazas por compartir esta interesante retrospectiva e reflexión, pero sobre todo MERCI polos momentos fermosos do 2012 e polos compartidos comigo, es moi xeneroso. Bisous e desexos de moitos e bos quilómetros para o 2013!
ResponderEliminarBicos, campiona.
ResponderEliminar