Como os
dous anos anteriores rematei o 2012 participando na san Silvestre da Coruña.
Mais fronte ás carreiras de novembro e decembro o ánimo foi moi distinto posto
que a miña quiropráctica de cabeceira amañárame os problemas coa miña pubalxia
e dérame permiso para reiniciarme na actividade atlética. Fun a esta san
Silvestre pensando que era a última proba sen adestrar e que o ano 2014
iniciaríao trotando pola mañá.
Tras
saudar aos amigos e tirando as fotos pertinentes busquei na liña de saída ao
meu compañeiro de carreira, Alberto Morlán. Tiña a intención de tentar facela
con el mais a sorpresa foi que sentíase moi machacado pola súa avultada
actividade física dos días anteriores.
Saímos
moi adiante e xa desde os primeiros cincocentos metros moitos atletas fóronnos
adiantando. Nolos dous, tranquiliños, dándonos ánimos mutuamente. Cando
baixamos por Adormideiras vexo que o Alberto faino moi ben pero na seguinte
subida dime que me vaia... decido ir con el e tratando de animalo vendo a longa
baixada que tiñamos por diante.
Á
altura da Hípica, cando debían faltar uns dous quilómetros e medio, pásannos
tres atletas que semellaban ser da miña categoría polo que digo a Allberto que
vaiamos con eles. Dime que non pode e que me marche. Así o fago.
Inicio
unha nova carreira en solitario. Sen dificultades adianto a ese grupo de
Veteráns-C. Vou cómodo, como toda a proba. Pásame Alberto Antelo, quen fixo unha magnífica proba indo de menos a máis. Teño forzas no último
quilómetro… debeu ser o máis rápido da proba. Na meta facemos unha foto coa xente do Cas: Alberto, Juan, Raúl, Roberto…
O
fornecemento de bebidas e sólidos foi estupendo e axiña trato de buscar a Raúl
para cambiarnos, posto que tiñamos moita auga enriba.
Foi
unha proba distinta ás anteriores (2010: 28.14´´; 2011: 27.29´´) posto que non
sufrín nada. O resultado foi fantástico para levar dous meses sen adestrar,
30.03´´: 75 na xeral e 4º na categoría (outra vez 4º, a dez segundos do 3º, como na Coruña-10 e no Cross dos Menhires) a unha media de 3.55´´ o quilómetro.
Tamén
foi distinta porque faltábame a miña Rabudiña, a miña gabachiña. Ánimo
campiona.
Toño, sintoo moito por non poder levarte mais rapido, pero non era o dia para min para poder ir mais rapido, o corpo as fai, o corpo as paga. O de ir correr onte a Ares a facer un 10.000 a 4´05"/km, e hoxe pola mañán a xogar hora e media o padel para logo correr pola tarde a San Silvestre a tope, as miñas pernas ainda non estan para estes trotes.
ResponderEliminarPara a próxima intentareino facer mellor, ainda que agora que xa podes entrenar, non creo que chege mais os teus ritmos, pero intentareino.
Un Saudo e Feliz 2013!!!!!!!!!
Ana, anda, se foi un pracer correr contigo. Xa veremos o ano vindeiro en cantas ocasión poderemos volver a facelo.
ResponderEliminar