Hoxe
vén de celebrarse a segunda edición do Coruña 42, maratón Atlántico, acompañado
dun dez mil.
Hoxe
regresei ao asfalto da competición e fíxeno rodeado do cariño e apoio de todo o
Club de Atletismo de Sada. Que sorte e que pracer. Moitas grazas por compartir
o voso cariño.
Vaiamos
por partes.
A
semana foi moi pobre en adestramentos por unas molestias nas costas que me impediron descansar polas noites. Unha
sesión de ximnasio e 26 km ata hoxe domingo, onde fixen outros 21…. En total 47
km na semana.
O
venres anterior achegámonos ata a Jamonería La Leonesa para compartir uns
intres co mestre Bernardo. Ten por obxectivo as tres horas na maratón. Coma
todas as persoas grandes é pura humildade. Todo un mestre.
A familia maratoniana do CAS... con algún engadido
Despraceime,
ben cedo, á liña de saída do maratón
para facer a foto cos maratonianos do CAS. Así tiven a oportunidade de saudar a
xente coñecida que ven doutras partes, maioritariamente galegos mais tamén
algunha amiga de Madrid coa que coincido nos veráns. Deséxolle sorte a todos pero especialmente a Montse, abandonada por Fernando, quen irá facer o MAPOMA a
vindeira semana, e a Jesús.
Algúns dos que fixemos o dez mil
Tras as
fotos regreso ao coche para deixar todo o innecesario e colócome na saída do
dez mil sen atopar a Inés. A idea era saber como me atopaba e cría que sería
unha boa opción tratar de ir con Inés (hai alguén que a denomina “A gacela da
Barcala”). Despois do minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do atentado de
Boston, comeza a proba. Non sei onde vai Inés. Tardo uns trescentos metros en
atopala.
Fago a
carreira cómodo, sorprendentemente cómodo ao carón de Inés. Ela vai mirando os
tempos de paso. O seu obxectivo era facer 45 minutos. A facemos o primeiro
cinco mil en 22.30 aproximadamente (outra vez esquecín poñer o cronómetro en
marcha na saída) Parece que a compañía váiseme cansando. Trato de falarlle e
que non pense moito. No quilómetro seis vemos a Karina, outra nova fichaxe do
club, moi preto. Dándolle ánimos Inés, e saudando a Blas, máis ou menos no
quilómetro oito poñémonos á par de Karina.
Trato de animar ás dúas pero Karina váisenos quedando. Quédome uns metros con ela para animala. Decido volver con Inés, e con algo de irresponsabilidade, máis gozando das sensacións, márcome un cambio de ritmo para collela. De aí a meta non paro de animala.
Trato de animar ás dúas pero Karina váisenos quedando. Quédome uns metros con ela para animala. Decido volver con Inés, e con algo de irresponsabilidade, máis gozando das sensacións, márcome un cambio de ritmo para collela. De aí a meta non paro de animala.
Na meta
entramos en 43.58'', a súa mellor marca na distancia. Está moi contenta, eu tamén
tanto por participar da súa marca como polas boas sensacións persoais.
Alongamentos,
bebemos e comemos un pouquiño e… a seguir correndo na busca dos maratonianos.
Montse recibindo auga de alguén moi especial...
Funme
cara a Oza para ir animando á nosa xente. Troto con Montse os tres quilómetros
da súa segunda volta maratoniana por Oza. O seu obxectivo son as catro horas.
Vai sola. Fálolle todo o que podo.
Paréceme que vai baixando algo o ritmo. Fernando dime que non, que vai moi ben,
controlando os tempos. No seu quilómetro 28 deséxolle moita sorte. Finalmente entrou na meta en 3.59.54´´. Impresionante. Agardo por
Jesús.
Aí ven
o meu heroe. No paso anterior ía a ritmo de 2.50. Impresionante. Cólloo no 36.
Trato de que non me fale moito. Vai canso e sufrindo. Anímoo todo o que sei e
podo. Chega á meta na súa mellor marca: 2.51.31´´. Que tío. Coma son os vascos
do CAS.
Persoalmente estou contento, moi canso pero contento. Canso porque no día faría uns 21 quilómetros (a miña tirada mási longa desde novembro) e contento porque as molestías da pubalxia son mínimas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión