18/8/13

II Carreira Solidaria de Muros

Semana con novidade. Xa non foi só trotar senón que fixen un día oito series de 500 metros, a primeira en 2.04´´ e as restantes por baixo dos dous minutos, estando a última a 1.44´´. Falta me facía ter un día de velocidade porque de trotar só non se pode vivir. Os quilómetros semanais foron  81.

Ademais o sábado participei por vez primeira nunha proba no concello de Muros, na II edición da Carreira Solidaria. A semana anterior fixera os seu percorrido en dúas ocasións porque coñecéndome coma me coñezo e sabendo as subidas que había…


Co club de fans ao completo, fixen unha saída cómoda pero non lenta. A medida que pasaban os metros funme notándome moi a gusto e tras facer o primeiro quilómetro en 3.35´´ prepareime para iniciar os quilómetros de subida na posición vinte. Pouco a pouco vou pasando a xente máis nova e nos tramos máis duros, porque habíaos, gaño algunha posición máis. Ao chegar á parte máis alta do percorrido (Miraflores) collo a un rapaz e anímoo. Imos xuntos un quilómetro e medio ao tempo que lle vou indicando o perfil do percorrido que falta. Nos últimos douscentos metros, nunha durísima baixada, anímoo a que suba o ritmo e váiseme dous metros.

Fago meta na posición 14 e de 2º na categoría (de onde saíu ese rapaz da Baña?) cun tempo de 20.02´´ a 3.42´´ o quilómetro. Estou contento polo ritmo e polas forzas. Agardo que, por fin, as pernas comecen a responder. Teño a sorte de recibir a medalla do segundo posto de Veteráns B das mans de Ezequiel Mosquera.

O ambiente foi magnífico posto que houbo máis de seiscentos inscritos en todas as categorías, sendo unha auténtica festa para os máis cativos. E para que non se diga que en Muros non saben facer ben as cousas, tamén houbo fisios:

As fotos son de Marisita á quen vou designar presidenta do meu, escaso, club de fans.

3 comentarios:

  1. Son Marisita, de presidenta de club de fans nada!. Eu representante, e xa falaremos da porcentaxe. E agora en tempo de verán, que estou folgada.
    Eso sí, non podemos deixar de facer podium!
    Noraboa primo.

    ResponderEliminar
  2. DAvid Novo Martínez25 ago 2013, 0:11:00

    Ola!!! (un apuntamento, se mo permites)

    Ese rapaz (dorsal 654)
    que animabas e INDICABAS O PERCORRIDO,
    é de Serres!! (MUROS) jeje.
    ...non sei se me explico.

    Un Saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Grazas David. Agora xa sei de onde é Baltasar.

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión