Nos primeiros once días deste mes de agosto levo feitos máis de cen quilómetros, exactamente: 116. Ademais diso, como se notan as vacacións…, dúas saídas en BTT, natación en piscina e no mar e varias millas en Kayak pola ría de Muros. Case todos os adestramentos foron entre 12 e 14 km e tan só os dous domingos fixen dúas tiradas longas de + - 90 minutos e de 21-20 km cada unha.
Ademais, participei, coma sempre que podo (xa van cinco
ocasións), na tradicional Carreira a Pé de Lira e organizada a AsociaciónCultural Canle. É todo un pracer ver como a proba a asociación cultural van
medrado co paso do tempo.
Cheguei co tempo xusto a Lira, despois de ter pasado o
xantar na festa da navalla de Muros e dúas horiñas nunha das mellores praias
que coñezo, a de Area Maior na parroquia de Louro. Neste intre ían trinta graos á sombra. Nun participara nunha proba tan quente...
Tras recoller o dorsal,
fixen os rituais desta proba, os confesables son ir ata a subida que hai na
parte final da proba e iniciar alí o quecemento para tratar de ter controlados
eses centos de metros. Igualmente, aproveito para trotar e saudar aos amigos
das probas do verán, especialmente ao club do Praia de Carnota Runners.
Cos ánimos na liña de saída de Marisita e de Juan, inicio a
proba polo piñeiral ata baixar a Portocubelo, de alí pola costa por Ximprón e Susiños e
logo regreso (vexo que a miña posición é a 19 e xa non a modificaría ata o
remate) ao asfalto ata subir a Lira onde, despois dun bo e duro paseo polas
súas rúas, inicio un pronunciado descenso ata a meta.
Probablemte uns dos lugares máis fermoso polo que teño corrido dase nesta proba de Lira: un camiño á beira do mar co solpor vendo o cabo Fisterra. Impresionante.
Considero que non saín
rápido, de feito axiña empezo adiantar corredores, mais cando volvín pisar o
asfalto (aprox. Km 4) noto a falta de forzas e trato de manter a posición.
Mentalmente doume folgos porque considero que cando chegue a subida poderei
coller a ese grupiño de sete compañeiros que levo a uns 15 segundo. Pero as
forzas non retornan, e vánseme alonxando case todos. Sufro na subida. Na dura
baixada, recupero forzas, achégome a un par deles pero, sabendo que non son da miña categoría,
fico coma un señor e non fago ademán de disputarlles o sprint.
Fago meta en 30.30´´ o meu peor rexistro nesta proba. Mais non estou amolado. Hai un cambio de mentalidade na cabeza: adestrar menos e, xaque logo, ir empeorando nos tempos. Provisionalmente entrei na meta de 19 e de 1º na categoría de veteráns B. O trofeo segue a ser unha fermosa cerámica de Nacho Porto.
No apartado social da proba, contei cos ánimos da Rabudiña
(mágoa da súa ausencia) e da presenza de Marisa e Juan. Moitas grazas, familia.
Ademais, a organización tivo a ben facerlle unha pequena e sentida homenaxe ao tempo que un fermoso agasallo, a Angel Carrecedo por ter participado en practicamente todas as edicións celebradas.
Fotos: A.C. Canle
Ademais, a organización tivo a ben facerlle unha pequena e sentida homenaxe ao tempo que un fermoso agasallo, a Angel Carrecedo por ter participado en practicamente todas as edicións celebradas.
Fotos: A.C. Canle
Son Marisita; Noraboa primo polo posto acadado, inda que me fallache no tempo, era para 29 minutos, que eu tiña presa por ir a buscar a filla a Area Maior.
ResponderEliminarFora bromas, moitas felicidades, polo posto e por este precioso blogue.
Esta carreira e ben bonita, correr por estas paisaxes, como pos nas fotos, é precioso, e ganar debe ser "a leche"!
Felicidades campeón, precioso el sitio, a mi me encanta,
ResponderEliminarConsideras que no saliste rápido?, (que no te oiga nadie),
eres de lo mejorcito que yo he visto,
también te voy a felicitar por el buen gallego que manejas.