Inicio a semana descansando do asfalto pero facendo unha
sesión de sesenta minutos de pesas (fitpower). O martes volvín facer series de
500 metros, nesta ocasión foron 10, sendo a primeira en 2.07´´ e a última 1.45´´.
Coma na semana anterior só a primeira foi por riba dos dous minutos. A medida
que ía regresando funme atopando sen forzas. Pasei todo o día con problemas
estomacais e sen xantar nada. O mércores foi día de repouso obrigado. Xoves,
venres, sábado é domingo xa foron outra cousa. A destacar a tirada longa do
domingo (21 km) e a participación, o sábado, na Carreira das Areas de Carnota.
Proba na que procuro participar desde hai moitos anos e na que este ano o concello trabucouse no cartel: é a edición XXII e non a XXI.
Chego a Carnota coa ilusión de atopar a Inés, unha das
estrelas femininas do CAS. Fixen o quecemento, en ausencia de Angel Carrecedo
(a quen a spiker adicaríalle unas sentidas verbas), con Dani, o fenómeno de
Madrid-Louro, quen remataría en segunda posición na clasificación absoluta.
Logo continueino con Inés, a quen había máis dun mes que non vía. Contoume os
seus problemas e as súas expectativas nesta proba.
Pensando que na hora de inicio da proba á marea aínda lle
faltaba unha por baixar e que á area está máis dura cando a empeza subir, fixen
unha boa saída, xa que fun pouco a pouco pasando xente. Tras rematar o primeiro
quilómetro no asfalto e xa na pasarela de madeira que nos levaba ata a area,
adianto a tres colegas e un deles pónseme ao meu carón. Como parece que podemos
levar o mes ritmo, fálolle para tratar de animalo a facer xuntos a maior
distancia posible. Nalgún momento, cando parece vai descender o seu ritmo,
anímoo e agardo un chisco. Deste xeito chegamos ata Maceiras (km 3 apro.) e ao
dar a volva atopámonos unha desagradabilísima sorpresa, o forte vento do norte.
Cando íamos en dirección sur non eramos conscientes de levalo ao noso favor. O vento
era realmente forte e o meu compañeiro non é quen de seguirme. Tiro só. A nova
positiva é que a area está realmente dura e so hai que pasar algún regato.
Despois doutro
quilómetro adianto a outro atleta que, logo, pegóuseme ás costas para
protexerse do vento. Despois de telo un rato ben protexido, míroo e incítoo a
que se poña diante. Faino só uns metros porque o seu ritmo ía a menos. Tiro, de
novo, en solitario.
Chegando a Boca do
Río (última baliza) no km 7 aprox. Son adiantado por dous compañeiros Un deles
Baltasar Figueiras, a quen adiantara no mesmo lugar o ano pasado e con quen
fixen os últimos quilómetros na Carreira Solidaria de Muros, e cando estamos a
piques de deixar a area pola primeira muller (Barca Toba) e o seu acompañante.
Unha vez no derradeiro quilómetro e xa de volta no asfalto volvo collela e
decido non esprintarlle.
O tempo final foi peor que outros anos (41.14´´ a 4.07´´)
pero con forte vento e os oito quilómetros pola area, creo que non está mal.
Remato contento porque volvín sentirme ben. E ademais 2º na categoría: agasallo dunha fermosa medalla do ceramista Nacho Porto.
Na meta falo cos amigos e mesmo cos compañeiros do podium
especialmente con José Suárez quen xa me gañara a semana pasada en Muros e con
quen xa teño compartido o caixón noutras oportunidades.
Inés díxome que tamén rematou contenta (2ª na categoría) a
pesares do medo sobre unha perna.
Noraboa Toño, outra vez no Podium, ben!. (Se non tamén ben)
ResponderEliminarEsta vez non estaba para aplaudirte.
Bonitísima a medalla!