O luns
tocou repouso absoluto. Martes foron 14
km e o mércores outros tantos pero con 2x3000 a 12.20´´ e 12.08´´. Xoves só
10 km con técnica de carreira e o venres 21 km. Modifiquei a tirada longa dos
domingos porque ese día ía participar no fermoso e duro Cross de Broña. Sábado
1.200 metros de piscina e domingo … ata a praia de Broña. En total 69 km na semana.
O IX
Cross de Broña (creo que xa é a cuarta ocasión na que participo) foi toda unha
ledicia, tanto pola organización (erros sobradamente corrixidos polo esforzo e cariños postos) como pola xente coa compartín os sete quilómetros da proba:
-Nada
máis chegar vin a Julio Vázquez e estiven con el uns minutos. Contoume que o día
anterior fixera a de Noia e tamén xa levaba moitos quilómetros acumulados na
semana.
-Logo
vin a Karina e a José cos que fixen unha boa parte do quecemento. Percorremos
algo da proba para lembrar como era o final da mesma.
-Despois
con Javier, tamén do CAS, e José Suárez, quen para a miña esperanza competitiva, fixera o
sábado a proba de Noia con duras condicións climatolóxicas.
-Tamén
compartín o remate da proba uns minutos con Baltasar con quen ademais doutras
historietas, comentámonos os nosos males deportivos.
-E,
finalmente, a sorpresiña da Rabuda. Como me gusta vela de corto de novo.
Tremenda ilusión vela e estar un bo anaco de tempo con ela, e, para ser malo,
sen a súa parella.
Saín
cómodo e rápido mais vexo que non vou diante. Mesmo ao rematar o primeiro
quilómetro (3.45´´) aínda me pasa xente. Cando vou no segundo continúame
pasando algún atleta. Nese segundo quilómetro (7.35´´), nunha das incontables subidas da
proba, vexo que me vou achegado a José Suárez e a Javier, pero na baixada vánseme
moito. Vou collendo un ritmo cómodo e vivo e no terceiro quilómetro para miña
sorpresa adianto, por vez primeira neste verán, a José Suárez e a Javier.
Principiando
as subidas de verdade, continuo mellorando posicións. Como outras probas… por
atrás chégame Baltasar, falamos un ratiño e quedamos para cando remate a proba.
Imos xuntos uns centos de metros pero na parte máis dura da durísima costa,
váiseme. Lembro canto sufrín o ano pasado nesta subida e sen embargo, nesta
ocasión ía tan mentalizado que case se me fixo curta (que barbaridade veño de
escribir…) Na baixada non collo a ninguén e mesmo un rapaz que pasara na
subida ponse ao meu carón ata os últimos metros nos que se me vai.
Entro na meta contento polas boas sensacións na proba. Creo que fago un tempo de
28.10´´, é dicir, algo peor que os outros anos pero sen tanto sufrimento.
Remato, outra vez, de terceiro na categoría de máis de 45 anos. Creo, de novo,
que ninguén de máis da miña idade entrou diante
de min. Aínda non temos as clasificacións oficiais...
Hola Toño, Enhorabuena de nuevo por los resultados. Estas que te sales!!!!
ResponderEliminarSolo un pequeño detalle, Al que tu llamas Juan se llama Javier Palomo, jejejejeje
Un Lapsus lo tiene cualquiera y mas despues de que ultimamente el CAS ha crecido mucho con gente nueva.
Enhorabuena de nuevo!!!!!!
Grazas. Erro corrixido.
ResponderEliminar