SEMANA
PREOCUPANTE
O
luns foron 16 km con abdominais no
ximnasio acompañado polo mestre Juan. Logo houbo saídas o martes, mércores e
venres (con 6x.1000 entre 4.14´´ e 3.40´´). O sábado fun ata Mugardos e o
domingo tocaba tirada longa pero non tiña o corpo (moi canso e con varias molestias) para a mesma e só fixen 11 km
con moitos alongamentos posteriores. A semana foi preocupante porque reaparecen unhas leves
molestias, como as da fin da primavera e mesmo o nocello dereito estálame
cunha certa frecuencia e prodúceme molestias durante os primeiro minutos dos
adestramentos. O piramidal dereito comeza a cargarse con demasiada facilidade.
En total foron uns 67 quilómetros na semana (non son moitos pero…)
XXXII
MARATON POPULAR SAN XOAN DE PIÑEIRO
Pois
efectivamente o sábado volvín participar nesta proba autenticamente popular: o
cariño que pon no asfalto a SCRD san Xoán de Piñeiro é realmente espectacular.
Parabéns.
Nesta
ocasión houbo unha nutrida participación do Club de Atletismo Sada, especialmente
na proba de adultos.
Despois
de compartir o quecemento e de poñernos ao día dos estados de forma de cada
un/unha, iniciouse a proba. Non saín moi rápido e ademais o grupo de diante
tampouco o fixo polo que estiven preto deles os primeiros cincocentos metros.
Pouco a pouco o pelotón foise estirando (no meu caso perdendo de vista a José
A. e a Roberto). Durante o primeiro quilómetro pásame algún atleta e tamén no
segundo (Javier entre eles). O nocello dereito estaloume en catro ocasións polo
que fiquei realmente preocupado. Unha vez ben quente non volveu protestar.
Coas posicións moi estabilizadas, rematamos as
subidas da primeira parte da proba. Vexo que o ritmo é por baixo dos catro
minutos ao quilómetro.
Iniciando
a segunda parte, unha longa, longa, longa baixada, os catro que levo diante
parece que se van indo, mais cando a estamos a rematar collo a Javier que
baixara algo o ritmo por mor do seu flato. Falamos algo.
Iniciamos
a longa, longa, longa subida xuntos pero no primeiro repeito duro, Juan frénase.
Anímoo e reemprende a marcha, mesmo con forza. Ante do primeiro “descansillo”
collemos a un corredor que ao pouco se nos queda. Noto como o piramidal dereito
vaise cargando (teño que darlle unha boa sesión de alongamentos) Chegamos ao
quilómetro dez (con tres de subida) por baixo dos corenta minutos. Estamos
contentos polo ritmo. Neste último quilómetro collemos a outros dous atletas e cando estamos a piques de rematar a subida, Javier
vólvese parar.
Remato
a subida sen moita forza e trato de facer rápido os derradeiros trescentos
metros. Antes da liña de meta aparece Javier coma un lóstrego e adiántame.
Resultado:
10.400 metros en 41.33´´ (a 3.59´´) na posición 23 de 208 e de 3º na categoría.
O club
histórico de fans (Isa, Eva e Pepe), coma sempre, non son quen de tirarme unha
foto na liña de meta…
Os membros do CAS cos seus trofeos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión