Despois
de tres semanas sen competir, vou actualizar datos:
Continúo
con serias molestias en abdutores e abdominais inferiores (pube). Sigo con
citas pendentes de osteópata e traumatólogo. Xa fixen una ecografía con
resultados non especialmente malos (tampouco bos). Estou tratando de facer máis
ximnasio e tratando de gañar flexibilidade na cadeira (posible orixe dos
males).
Estou a
facer menos quilómetros. Trato de saír pouco a trotar posto que despois de cada
saída as molestias van a máis. Rematei novembro con 145 km e nesta primeira
quince de decembro levo 103 en gran parte grazas ás saídas con Pili… sen non fora
por ela… Recoñezo que tamén compartín quilómetros con Julio. Só trote e algo de
T.C. nada de series.
Pois
ben, o sábado 14 participei no III Cross dos Menhires ao carón da Torre de
Hércules. A verdade que é una auténtica gozada correr en medio do parque
escultórico (no meu blog de arte,INICIARTE, tedes máis información). Coma sempre o Club de Atletismo Sada presentou una notabilísima
representación. É todo un pracer compartir eses minutos con tan boa xente.
Cando
cheguei ao circuíto xa se disputaran as probas dos cativos e das cativas. Tiven a
oportunidade de presenciar a das mulleres onde o CAS está a colleitar enormes
éxitos Entre as 12 primeiras houbo 4 do club. Tratei de animalas e de
tirarlles unas fotos. Cando estaban na segunda volta creo que non lle gustou
especialmente os “ánimos” que dirixín a Montse: “Cando queiras podes empezar a
correr”. Non lle gustarían pero deron resultados, avanzou algunha posición e
acadou o terceiro posto na categoría.
Tras un
breve quecemento acompañando a Jesús, e case sen querer, vinme colocado na
segunda liña no caixón de saída (ben lembro que o ano pasado saíra no último lugar). Ao comprobar como se vai estreitando o percorrido, alegreime de estar tan diante. Nos primeiros trescentos
metros vou cómodo pero ao carón de xente que corre máis ca min polo que decido
conservar a calma e non tratar de seguilos.
Ao chegar ás pedras-fitas (un terzo
do percorrido ao que había que dar tres voltas) xa deixa de pasarme xente e as
posicións vanse asentando. Vexo que os de diante vánseme marchando. Paso a primeira
volta en 8.56´´. A segunda fáiseme longa, algún atleta adiántame na baixada
pero nas subidas recupero posición. Nalgunha curva pechada miro para atrás.
Fago a
segunda volta máis lenta en 9.17´´. Cando chegamos por terceira vez ás pedras-fitas e miro para atrás vexo a coñecidos que me foron collendo metros. Desde
ese momento trato de subir o ritmo e forzar todo o que podo. Paso a varios
compañeiros. O grupo infantil e feminino do CAS animan con paixón (ata case
darme vergonza diante dos outros atletas que andan comigo).
No
último quilómetro paso a outra atleta e anímoo a que se enganche e tirar xuntos
pero váiseme ir quedando. Na penúltima curva miro para atrás e parece que o
perigo desapareceu.
Forcei
moitísimo meses últimos mil metros. Pensei que o corazón íame saír pola boca.
Resultados: Fago
meta en 27.28´´, bastantes minutos menos ca o ano pasado pero… entro na mesma
posición 42 na clasificación xeral e na da categoría (a partires de 45…) onde
fago 4º.
Fiquei
realmente contento posto que estou adestrando moi pouco apesares do cal, os
ritmos non se resinten aínda moito.
Despois
da meta, case sen tempo, charlo con amigos e co club de fans feminino. Que
delicia.
NOTA: Supoño que o circuíto non pode ser de 8.032
metros. Non estou para facer ese tempo de 27.28´´ nesa distancia e nun cross.
As fotos en carreira son de José A. Rey e de Alberto Reboredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión