Na semana do luns 14 fixen 72 km. Non está mal. Ademais con dúas sesión de ximnasio. Case sempre acompañado/acompañando con/a Pili. Un luxo. Foron cinco saídas. O domingo 20 tiña previsto facer os 16 km da II Viquinga de Carnota mais como non foi posible, fixen con Pili os 19 km ata o faro de Mera e, como sempre, tivemos algo de chuvia.
Na semana do luns 21 fixen 57 km e dúas sesión de ximnasio. Fixen menos quilómetros porque o corpo semella estar canso e pediume algo de repouso. Participei no Coruña-10 coincidente coa Maratona Atlántica.
A unha hora ben cedo os do CAS quedamos para facérmonos unha foto previa ás competicións do día: maratona e o dez mil. Un pracer (e moita envexa) ver a tantos amigos e AMIGAS dispostos para os 42 quilómetros. Son uns campións e uhnas campionas.
O meu obxectivo no dez mil era ver o estado de forma. Considerando positivo baixar do 40 minutos é un éxito baixar dos 39 (nin soñar aínda con 37... 36...) Con Pili vin a saída da maratona e con ela fomos ata a nosa saída. Por fin con Pili… Tanto tempo sen ela….
Tocoume un caixón moi adiante e saín moi pero que moi rápido para o meu estado de forma. En canto pasan as primeiras centenas de metros busco o meu ritmo e deixo que me pasen moitos atletas. Cando pasamos o primeiro quilómetro comprobo que non puxen ben o cronómetro. Fágoo agora. Neste novo circuíto dirixíronnos ata a Casa do Mar.
Na saída, charlando con Baltasar, por detrás de Jose A. e ao carón de Toni.
Teño preto de min a Toni Illobre. Sigo algo alto de pulsacións. Despois de Xoana de Vega e xa polo Paseo Marítimo voume atopando mellor. Paso xente. Cruzámonos coa xente da maratona. Saúdo aos meus. Despois da rotonda do Milenio collo a Toni.
Comezamos pasar xente da maratona. Chegado aos Salesianos creo que empeza a carreira, as pernas por fin están quentes e a cabeza fría.
Comezamos pasar xente da maratona. Chegado aos Salesianos creo que empeza a carreira, as pernas por fin están quentes e a cabeza fría.
Grazas pola foto, Blas
Unha vez que enfilamos os cantóns dígolle a Toni que hai que forzar. E tiramos e tiramos. Entramos xuntos da man na meta de María Pita.
Saio escopetado a por Pili. Ven moi ben.
Despois da meta imos aos coches, poñemos algo seco e comezamos a animar á xente e aos amigos da maratona. Son todos uns fenómenos. Todos os do CAS e o resto. Cando un maratoniano entra en meta é todo un fenómeno e cando o fai con dificultades todo un heroe ou heroína (ou non, irmás Papín?)
Resultados: 38.39´´ de 83 sobre 1474 e 6º na categoría, a 3.53´´.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión