Semana
con 56 km. Van aumentando… O mércores o fisio deume permiso para ir aumentando
a intensidade dos adestramentos. Por fin… Agora toca ter forzas para facelo.
O
domingo participei na primeira edición da:
MediaSan
do Camiño
Entre
as localidades de Arca (O Pino) e
Santiago (Estadio de san Lázaro) polo Camiño de Santiago. Anoteime a última hora, grazas ao aumento do
prazo de inscricións. A idea era ir aumentando o ritmo da VIg-Bay (4.35´´) mais
cando vin o perfil da proba fiquei asustado. Era un auténtico quebra-pernas.
Pero que lle imos facer…
Na
saída todo moi ben organizado. Buses ata Arca. Vou mirando a paisaxe (o que
habería que subir e baixar…) ao tempo que outros corredores vanme informado do
quilómetros coas maiores dificultades (5, 13, 19)
Saída
foi case puntual, dando unha volta por Arca, onde pasamos o primeiro quilómetro
(3.45´´) e iniciamos a tirada por terra, xa no Camiño de Santiago. O segundo
quilómetro vai en baixada (sigo a 3.50´´) Comeza pasarme xente. Hai xa algunha
pequena subida pero aínda así o quilómtro 4 vai por baixo dos 16 minutos. Despois do 5
principia a primeira sesión de tortura, un quilómetro e medio duro, pero duro
do carallo. Vexo que na subida xa non pasa xente. Ata o dez hai algunha baixada, pasando por ese punto quilométrico en 42.20´´. Dígome que é un paso fenomenal
porque a dureza do percorrido é moi grande. Desde este quilómetro vexo que xa
non me pasa ninguén. Se fora así ata a meta significaría que vou collendo
forma…
O
percorrido ten tramos realmente fermosos. Hai abondosos peregrinos aos que
sempre animo.
Pregunto
varias veces cando iniciaremos a subida ao Monte do Gozo… Ata que alá polo 13
ven unha costa tremenda. Ten repeitos durísimos e dígome que mentres vaia
trotando e non camiñando sentireime contento. Noto a presenza dalgún corredor
nas costas que non me da ningún relevo, tamén aparece unha rapaza (Nela Penas,
4ª absoluta e 1ª da categoría). Fan varios quilómetros detrás de min. Cando por
fin entramos no Monte do Gozo, a subida está a piques de rematar e principiamos
a baixada, Nela váiseme. Nestes últimos dez quilómetros vanme pasar oito
corredores.
Manteño
o tipo cando entramos, de novo, no asfalto. Vemos o estadio da meta ao longo da
pronunciada baixada mais cando iniciamos os dous últimos quilómetros volve picar
fortemente para arriba. Xa non teño forzas. Faltan adestramentos. Temos case
dous quilómetros na contorna exterior do estadio.
Saúdo a
Félix (1.31.57´´) e a Javi (1.32.14´´) e entro no estadio. Non esprinto.
Ninguén a quen coller por diante e ninguén por atrás.
Tras
cruzar a meta vou directamente ao fisio (grazas Rocío) e regreso ao estadio
para compartir minutos cos amigos.
Foi
unha boa e dura experiencia.
Tanto
na saída como na meta saudei aos do club
(Javier e Félix) e aos amigos da categoría cos que comparto a temporada, como
Emilio Martínez (2º da cat), José Leis (4º cat), Francisco Sanmarco (10 cat), José A. Bermúdez (13 cat) e José A. Tembras (16 cat) ademáis de Paula Mayobre (1º absoluta) O dez mil en
42.30´´
Resultados:
1.29.11´´ posto 66 (cat 9º) sobre 336 chegados, a ritmo de 4.13´´.
As últimas fotos son de Xesús Rodríguez. Grazas.
As últimas fotos son de Xesús Rodríguez. Grazas.
Trío do Clube de Atletismo Sada na meta. Foto de Félix Quintáns.
Lendo a túa crónica lembrei o mal/ben que o pasei na Mediasán. Creo que hai un erro no teu tempo, ¿non será 1:29?
ResponderEliminarMiguel: grazar por lerme e detectar o erro. A proba foi fermeso e tamén algo duriña, non si?
ResponderEliminar