Semana
ben pobre en adestramentos (52 km): martes 15 km; xoves 10 km; o venres tiven que
anular a sesión prevista con Pili e o sábado só fixen 6 km. O domingo de novo á
Vig-Bay e xa van sete feitas, sendo a primeira hai xusto dez anos no 2004 nun
fermoso día compartindo quilómetros con Pili, Julio e Juan. Que ben lembro
aquela primeira vez (os problemas polo cambio de hora, o café en Samil, a
compaña de Julio nos primeiros oito quilómetros, o xantar en Samil, as maniotas
do día seguinte…) Case non podo crer
como pasou o tempo…
XV
Medio Maratón Gran Bahía VIG-BAY 2014
Había
moitos meses que non participaba nunha media (Xixón, maio 2014) e moitos máis
desde que disputara a última (Vig-Bay 2012)
Tocaba,
agora, comprobar se os adutores estaban listos para unha tirada de 21 kms.
Distancia que non percorría desde a maratona de Porto no novembro pasado. Para
non forzar e para colaborar co club, tiven a honra de ser acompañado por Inés
quen tiña como obxectivo 1.37´e puntuar como segunda fémina do club.
Parte do 40 atletas do CAS
A viaxe
foi perfecta: saímos con puntualidade de Sada no autobús. Compaña moi agradábel
con parada. Jesús como compañeiro de viaxe. Que máis pedir. Chegada con tempo a
Samil: tempo de preparación, fotos, aseos e algo (pouco) de quecemento.
Faltando quince minutos, colocámonos nos caixóns de saída.
Comenteille
á miña colega que os primeiros quilómetros iría detrás dela para non estorbar a
ninguén (cinco mil inscritos) e para que ela atopara o seu ritmo. Nestes primeiros quilómetros acompañounos Juan Méndez. Desde o ano pasado cambiaron o
percorrido polo que axiña deixamos Samil e iniciamos a primeira subida. Os dous
primeiros quilómetros fixémolos algo rápido de máis pero Inés parece que vai
cómoda. Son estes primeiros quilómetros onde o adutor dereito quere protestar
como o ven facendo nas últimas semanas mais, sorprendentemente, enseguida
desaparecen as molestias e non volverían aparecer.
Tras rodar algo en plano,
imos collendo o noso ritmo previsto (4.35´´ ao quilómetro). Cando chega a
subida longa tratamos de mantelo coa idea de logo volver ir un pouco máis
alegres. Levei
unha tira de papel cos tempos de paso por quilometro. Ata o 6 aprox. imos por
debaixo do obxectivo.
Non
deixan de pasarnos corredores e mesmo varias rapazas. Nós imos ao noso. Non nos
inquietan e mesmo Inés vainas saudando e animando.
Non
lembro ben os quilómetros porque despois de moitos anos memorizando un
percorrido… o actual xa non é o mesmo e cando iniciamos o descenso cara a Praia
América (antes era case o dez e agora debe ser o 6) en vez de aumentar o ritmo
tan só o mantemos. Cando se chega á Praia, facemos un xiro en dirección leste.
Creo que son os peores momentos de Inés. Non aminora pero empeza a marchársenos
a posibilidade de 1.37´.
Comézolle
a falar. Transmitíndolle ánimos. En canto de saímos de Praia América (antes
15,5 agora 13 aprox.) descoñezo de novo a ruta. Vai máis pola costa por
adoquinado. Cada metro que pica para arriba, Inés recupera posicións aumentando o ritmo. Empeza a
súa mellora. Hai xente que nos pregunta ritmo e obxectivo ao escoitarme falar
con Inés. Formamos grupo… pero un grupo grande de carallo.
Antes
de chegar á Ramallosa xa pasamos algunha rapaza. En cada subida pasamos máis
xente. No descenso á Ramallosa sigo tendo medo de non acadar o obxectivo.
Faltan catro quilómetros e imos para 1.37´ longo. Mais… apareceron os
adestramos de Inés. Nos últimos quilómetros subimos a velocidade. Pasamos
xente. Adiantamos mulleres. Vai fenomenal. Meta en 1.36.46´´. Impresionante.
Resultados:
entramos de 1.211e 1.212. Ela fixo 10 de categoría e eu 76. Por suposto
acadaron pódium: segundo equipo feminino. Karina baixou do 1.35 e Bea fixo 1.42´por culpa de dúas paradas
técnicas.
O resto
do clube… pois un feras.
Se as molestias non regresan... feliz. Lento pero seguro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión