Semana variada: dúas sesións de ximnasio (AF e
Fitpower), unha andaina de 20 km e 55 km trotando.
Do ximnasio aínda saio esgotado. Non teño
forzas para meterme nas clases de abdominais. A camiñata foi fantástica. Pola
costa de Barrañán e polo regato Sisalde. A contorna deste regato paga realmente
a pena. Auga, muíños, bosque… A compañía: a mellor: Pili e Juan. Camiñar non ten sentido se non é con eles.
O domingo tocou trote con Pili polo noso
paseo de Río Mero. Fixemos a ida en 44.31
e o regreso en 43.43´´. Cada día a miña colega está mellor. Empeza a dar
medo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión