Tomei
esta semana coma se fora de repouso. Non fixen nin moitos nin poucos
quilómetros (57) mais mentalmente non foi de traballo. Houbo unha sesión de
ximnasio e a tirada máis longa foi so de 15 km. Por outra banda, varios días
traballei acompañado. Creo que vai sendo hora de comezar a facer series e tamén
tiradas máis longas. O xoves deixei as pernas nas mans de Paloma: boa falla lle
facían. Non había nada serio pero si estaban comezando a cargarse de máis.
O
domingo regresei a Ordes (creo que xa van catro ocasións)
XIX
Carreira Popular Concello de Ordes
Ben
acompañado por Raúl, retiramos os dorsais, repartimos xenerosamente vaselina e
crema calentorra por todo o corpo e fixemos algo de quecemento. Compartimos uns
minutos e unhas fotos co Clube de Atletismo Sada. Por certo, o CAS tivo unha
escasa, pero digna, representación nesta proba. O compañeiros e compañeiras
andan axustando a competición aos obxectivos e esta proba non viña nada ben.
Os
obxectivos que tiña para esta proba non os confesarei porque non acadei ningún
(covarde, cóntaos…) Na liña de saída Sabela preguntoume polo perfil da proba.
Por fin: non saín moi rápido e axiña vexo como a xente do meu ritmo (…) váiseme
indo. Os primeiros cincocentos metros son en baixada. Mais sei que a proba é
longa e dura. A cabeza vai ben (tranquilo, hai moita subida para recuperar)
Pásame máis xente pero inmediatamente estabilizamos as posicións.
Tras
pasar de novo pola meta, principia de verdade a carreira. Nova baixada e tirada
longa en dirección Santiago. No quilómetro dous xa temos unha curta e intensa
subida. Logo baixada e, xa no inicio do tres, a longa subida duns cincocentos
metros. Confío nas miñas forzas. No remate desta primeira subida adianto xente
(xa ía sendo hora). Vén logo un quilómetros quebra-pernas e xiro á dereita. Un
rapaz que adiantara na subida cólleme. Imos facer varios quilómetros xuntos.
Saímos
dunha estrada grande e vamos xa cara a Ordes. Percorrido fermoso e sempre
picado para arriba. Chegando ao remate da última costa (case no oito) collemos
a un rapaz que vai tirar de nós na seguinte baixada. Forzamos. Son quilómetros nos que me atopo ben, gozando da proba, controlnado o ritmo.
Xa na
explanada do remate do oito, o meu compañeiro cólleme uns metros. Subimos cara
á meta. Inés está facendo de fotógrafa oficial do club (espero que sexa esta a
súa última proba desde a barreira) e baixada ata a meta.
Vou
onda Inés que sigue tirando fotos aos do club. Agardo por Raúl que se tomou a
proba coma un adestramento.
Regreso
pola estrada nacional despois de mercar o biscoito típico de Ordes. Parada en
Carral (pan e empanada, grazas…) e casa.
Resultados:
sobre un perfil duro de 9.500 metros, 36.24´´ de 47 na xeral sobre un total de
212 (9º cat de M45) a 3.50´´. O ano pasado fixera uns 15 segundos máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión