Segunda
carreira nunha semana. O xoves a de Arteixo e hoxe a do Pino. Quen o ía dicir hai uns meses…. Foron 51 km semanais con
dúas sesións de ximnasio.
Sen
madrugar moito, o domingo tocou ir a O Pino. Por fin fomos ata a mítica proba.
Nunca fora e en tres semanas dúas veces.
Primeiro coa MediaSan do Camiño e agora os 8.100 metros. O percorrido
tiña quilómetros comúns coa media, mais neste caso eran dúas voltas a un
circuíto.
Non
había moitos participantes (entramos en meta 284) pero si moitísimo nivel. Din
que polos cartos dos premios. Coma sempre os membros do Clube Atletismo Sada
compartimos eses intres previos á proba e ademais Inés púxome ao día da súa
evolución física.
Saín
moi adiante e tal vez demasiado rápido (outra vez) Nos primeiros cincocentos metros pásame Javier
Palomo e logo Roberto García. O primeiro quilómetro foi por baixo de 3.40´´.
Penso que vou demasiado rápido mais como toca ir costa abaixo, déixome ir.
Desde a saída non paran de pasarme corredores Ao chegar ao mil cincocentos,
outra tanda de atletas pasan ao meu carón. Entre eles está Mela Penas do
Comesaña con que compartira quilómetros na MediaSán ata que baixando do Monte
do Gozo se me fora.
Xa
entrando no segundo quilómetro creo que vou ao meu ritmo. Paso por contrameta e
un tremendo clube de fans do CAS nos apoia. Cando iniciamos a subida para
rematar a primeira volta comezo, por fin, a pasar corredores. Non serán moitos.
Na
segunda volta vexo que Mela non se fora moito e que cada vez teño máis preto a
Roberto. Así nunha subida, pásao e anímoo para que veña detrás. Non poderá
facelo (nestas semanas hai cousas máis importantes que adestrar, verdade
Roberto?) En meta só lle sacaría uns trinta segundos. Collo a Mela na contrameta
e na curta baixada voume, mais adiantaríame nos derradeiros metros.
O
percorrido non é moi duro (tampouco nada rápido) e ten tramos fermosos de terra
xa que coincide co Camiño de Santiago. Creo que meses tramos molestamos aos
peregrinos.
Resultados:
fago meta en 31.35´´, catro segundos detrás de Mela, entrando de 63 na xeral e
de 9 na categoría de máis de 45. O ritmo saíu a 3.54´´.
Dinlle
os parabéns a Paula Mayobre polo seu éxito na Media de Xixón, co seu trunfo e
unha marca de 1.16´ MMP e terceira mellor marca galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión