Como ademais de xantar, beber e andar, ás veces (só ás veces) adestramos e participamos en carreiras… o pasado domingo 9 de outubro corremos A Coruña 10. Un dez mil que vaise consolidando grazas á nosa permanente participación.
A carreira foi como todas, O Triatleta pelexándose co ritmo de 4 minutos/quilómetro. O Comensal Austero amosando o dominio do ritmo de 5 minutos/quilómetro ao tempo que adestraba para a Behobia-San Sebastián
. O Roberto, sen adestrar pero correndo como sempre. Frank, facendo de mais con chegar á meta (lembrade que… “litros de alcohol corren por mis venas, mujer…”). Bernardo, gardándonos as costas a todos. E o Cronista sufrindo para facer un ritmo de 3,44´´/quilómetro e lembrando que tiña que facer outros 15 quilómetro máis (9º da categoría). A criticar, coma en anos anteriores, a estreitura da saída (así non hai quen corra...)

Foi un día magnífico para tomar o asfalto coruñés, onde puidemos saudar a “todo o mundo” das carreiras populares. Esta proba comeza a ser tan participativa como as mellores de Galicia pero cun nivel… alucinante. Chegaron á meta un total de 1970 atletas inscritos.
Das ausencias, que dicir... que agardamos que moi cedo nos acompañen...
Foto da Avda. Mariña vía La Opinión.
Foto da Avda. Mariña vía La Opinión.

Como os profesionais non facemos "ponte" deportiva, saimos hoxe ás 9,15 desde a Urbanización Montrove ata a rotonda de Santa Cristina, baixo unha constante chuvia. Foron 44,40 minutos para 9,2 qm. a un ritmo de 4,51´´. A idea era facelo lento, lento. Ao regreso, Pili confesa problemas estomacais e nos cuádriceps. A pesar do cal e de que regresamos subindo (200 metros de ascenso acumulado no regreso), facemos 44,11´´ a un ritmo por quilómetro de 4,48´´. A seguinte tiranda longa será na media maratón de Ferrol.