Mentres estou agardando para facer unha nova proba, en concreto unha gammagrafía, e tendo malas espectativas... o benquerido amigo Jesús agasállame con este vídeo:
23/2/13
17/2/13
Pubalxia? Maldita pubalxia
Levo tempo sen dar conta neste blog da miña actividade
física.
As últimas novas era que andaba cunha pubalxia desde uns
días antes á Maratona do Porto, alá polo outubro e 2012. Pois ben, tras o
diagnóstico do traumatólogo, o descarte doutras posibles doenzas pola ciruxana, semanas de repouso absoluto e despois de vinte sesións de fisioterapia, catro de quiro-práctica e mes e
medio de tonificación no gimnasio (natación, GAP, abdominais, tono, bodypump, e
tamén volvín coller a bicicleta de estrada): continúo coa maldita pubalxia. E
iso a pesares de que teoricamente todo está ben.
Fixen varias probas trotando uns trinta minutos e a resposta
foi sempre a mesma en canto os músculos se enfrían: molestias no pube. A
desesperación e o desánimo é grande. A temporada de inverno e de primavera está
perdida. Cando veñan novos folgos continuarei informando.
31/12/12
III San Silvestre da Coruña
Como os
dous anos anteriores rematei o 2012 participando na san Silvestre da Coruña.
Mais fronte ás carreiras de novembro e decembro o ánimo foi moi distinto posto
que a miña quiropráctica de cabeceira amañárame os problemas coa miña pubalxia
e dérame permiso para reiniciarme na actividade atlética. Fun a esta san
Silvestre pensando que era a última proba sen adestrar e que o ano 2014
iniciaríao trotando pola mañá.
Tras
saudar aos amigos e tirando as fotos pertinentes busquei na liña de saída ao
meu compañeiro de carreira, Alberto Morlán. Tiña a intención de tentar facela
con el mais a sorpresa foi que sentíase moi machacado pola súa avultada
actividade física dos días anteriores.
Saímos
moi adiante e xa desde os primeiros cincocentos metros moitos atletas fóronnos
adiantando. Nolos dous, tranquiliños, dándonos ánimos mutuamente. Cando
baixamos por Adormideiras vexo que o Alberto faino moi ben pero na seguinte
subida dime que me vaia... decido ir con el e tratando de animalo vendo a longa
baixada que tiñamos por diante.
Á
altura da Hípica, cando debían faltar uns dous quilómetros e medio, pásannos
tres atletas que semellaban ser da miña categoría polo que digo a Allberto que
vaiamos con eles. Dime que non pode e que me marche. Así o fago.
Inicio
unha nova carreira en solitario. Sen dificultades adianto a ese grupo de
Veteráns-C. Vou cómodo, como toda a proba. Pásame Alberto Antelo, quen fixo unha magnífica proba indo de menos a máis. Teño forzas no último
quilómetro… debeu ser o máis rápido da proba. Na meta facemos unha foto coa xente do Cas: Alberto, Juan, Raúl, Roberto…
O
fornecemento de bebidas e sólidos foi estupendo e axiña trato de buscar a Raúl
para cambiarnos, posto que tiñamos moita auga enriba.
Foi
unha proba distinta ás anteriores (2010: 28.14´´; 2011: 27.29´´) posto que non
sufrín nada. O resultado foi fantástico para levar dous meses sen adestrar,
30.03´´: 75 na xeral e 4º na categoría (outra vez 4º, a dez segundos do 3º, como na Coruña-10 e no Cross dos Menhires) a unha media de 3.55´´ o quilómetro.
Tamén
foi distinta porque faltábame a miña Rabudiña, a miña gabachiña. Ánimo
campiona.
28/12/12
2012: déixao ir
Creo
que o 2012 non foi un bo ano. Participei en 19 probas e corrín máis quilómetros
ca nunca: 2.912 pero non acadei as metas desexadas: na semana anterior aos grandes
obxectivos do ano, en abril (maratón da Coruña) e en outubro (maratona de Porto) o
corpo non aguantou, primeiro cunha inflación dos ligamentos do nocello esquerdo
e, logo, cunha pubalxia de cabalo.
A lección creo, estache ben aprendida, facer
menos quilómetros e marcarse uns obxectivos menores.
En
xaneiro (253 km) participei por vez
primeira na fermosa media maratón Manuela Machado en Viana do Castelo.
En febreiro (325 km) estrei, en pleno Entroido, a I media maratón do Ribeiro e federeime co Club de Atletismo Sada (o CAS).
En maio (230 km) colaborei con Julio ao regreso de Pili á competición na media maratón da Coruña.
En xuño (144 km) coa forma perdida, fun á XVII de Ordes, ao campionato galego de veteráns en pista e ao dez mil de Carballo.
En
xullo (311 km) só trotei para iniciar a recuperación.
En
agosto (376 km), xa collendo de novo a forma, participei na I Pedestre de
Vimianzo, na XIX Carreira a Pé de Lira e na XXI das Areas de Carnota.
En
setembro (387 km) participei no VIII Cross de Broña e na II nocturna de Ferrol.
En
outubro (266 km), en boa forma fixen os dez miles da Coruña e de Sada, Carreira da Auga.
En
novembro (114 km) fixen a II C.P. de Novo Mesoiro e logo gocei da Behobia-San Sebastián.
En
decembro (26 Km) inicieino coas 3 Millas solidarias Inditex-Arteixo,
continuei co II Cross dos Menhires e rematarei o ano coa san Silvestre da Coruña.
23/12/12
II Cross dos Menhires na Torre de Hércules
NOTA PREVIA: Que a galego fobia do concello
da Coruña pasara tamén á federación… isto ben a conto polo nome da proba: Cross
do Menhires cando en galego temos unha verba tan fermosa como é pedra-fita… Que
lle imos facer.
Continúo lesionado. A pubalxia está
diagnosticada por un traumatólogo e, ademais, unha ciruxá confirmou que non hai nada máis
afectado. Repouso absoluto… ou case. O pasado xoves, farto de non facer nada
trotei cinco quilómetros. Ao día seguinte os abdominais non soportaban o
esforzo de levantarme da cama.
Farto de estar farto, o pasado sábado 22
participei (que non competín) no II Cross dos Menhires da Coruña, aproveitando que se retarsara a proba por mor da treboada do 15 de decembro. O ambiente
foi estupendo e ao ter que dar varias volta a un circuíto podíase animar
repetidamente a todos os e as participantes. Previa á proba absoluta masculina
foi a feminina onde o Clube de Atletismo Sada contou cunha exitosa
participación. O circuito pareceume ben fermoso e non moi duro.
Tras facer un pouco de quecemento, decidín
saír case de último. O primeiros centenares de metros mantiven a posición e no
primeiro descenso comecei a pasar xente. Aumentei prudentemente o ritmo e ao
remate da primeira das catro voltas das que constaba a proba, xa estaba ao par
de xente do CAS (de Juan, en concreto). Cando se estaba na zona máis lonxe da
Torre, é dicir, na zona das pedras-fitas, tiña a Alberto a uns 12 segundos. O
obxectivo era chegar onda el e tratarlle de aguantar o ritmo. Ao rematar a
segunda volta vexo que mantemos as distancias. Cando iniciamos a última volta
Alberto váiseme distanciando (na meta sacoume todo un minuto, parabéns,
campión) e trato de manter a posición, cousa que non consigo con dous atletas
que me adiantan nos derradeiros douscentos metros. Iso si, foron os únicos que
me pasaron en todo o cross.
Con pouco tempo de saudar os amigos, tras
cruzar a meta tiven que marchar rápido para o xantar familiar.
A pubalxia…? Pois peor. Era sabido. Sen non
podo adestrar polas molestias constantes… despois dun esfrozo de oito
quilómetros, teño máis molestias e mesmo dificultades para camiñar. Día a día
vai a menos pero sen chegar a desaparecen as molestias. Continuo agardando polo
fisio.
Resultados: a distancia era de 7.973 e a fixen un tempo
de 34.12´´ a un ritmo de 4.17´´. Entrei na meta na posición 42 e de 4º na
categoría de veteráns B.
Fotos
son de Lihto e miñas.
14/12/12
2/12/12
3 Millas Solidarias Arteixo-Inditex
Rematei
novembro con114 quilómetros feitos. O peor rexistro deste 2012.
Sen
adestrar non se pode correr. Estando con varias molestias (isquio dereito e
pubalxia) non se pode competir. Pero éche o que hai. Se Raúl invita a participar
nas 3 Millas Solidarias organizadas polo “grupo” (léase Inditex) había que ir.
O Mariscal fixo unha doazón económica en nome do todo Montrove con destino á
Cruz Vermella.
E foi
una mañá do máis agradable. Na liña de meta compartindo minutos e saúdos cos
amigos e amigas e na carreira aprendendo do mestre Bernardo.
Saímos
xuntos e moi diante. Nos primeiros cincocentos metros xa estábamos posicionados
de 10-11. Tras a primeira baixada e zona plana chegou a primeira e curta subida
onde agardei polo mestre. Despois de chegar ao mar e mirar por vez primeira o
crono, Bernardo tivo a ben tirar de min e irme agardando especialmente na
última e longa subida. Só no sprint permítese o gozo de separase e cruzar a
liña de meta uns metros por diante. Nos cinco mil metros da proba debín facer un
crono de 18.30´´ a unha media de 3.42´´ o quilómetro.
Mentres
agardábamos polas nosas damas, que fixeron o percorrido camiñando, estivemos no
comedor do “grupo”. Nas horas posteriores as doenzas foron a peor a as
molestias son continuas mesmo para moitas actividades cotiás.
Agora
si que vai en serio o do descanso e a recuperación, agardando poder chegar á
San Silvestre da Coruña.
25/11/12
II Legua solidaria Hípica Malawi na Coruña
Desde o
11 de novembro, é dicir desde a Behobia-Sansabestián só 24 kms e algunhas sesións
de ximnasio. Hai serias molestias nun isquio e a pubalxia case non remitiu
nada. Pola contra, e a base de alongamentos, os piramidais vanse comportando
mellor.
E a
pesares diso… participei na “II Legua Solidaria Hípica Malawi” na Coruña cun
percorrido de 7.300 metros polo Paseo Marítimo da Coruña.
Como
ben sendo xa habitual, recolleume na casa Raúl, cada día máis Mariscal, e fumos
ata a Hípica a recoller os dorsais. Tempo para saudar amigos e amigas e
facermos unha foto co Club de Atletismo Sada que por certo, tiña un fin de
semana moi activo: Maratón de San Sebastián, Media Maratón de Vilagarcia, Corre
con nós de Lugo…
Tras
ver algunha das probas dos cativos, co boa e triunfante representación do CAS,
fixen o quecemento con Raúl, na busca de Teresa e Álvaro.
Na hora
prevista deuse a saída verbalmente. Vou detrás de Roberto e Alberto. Alucino
cun “principiante” que se marca un sprint brutal nos primeiros douscentos
metros… pobriño. Á altura do Castelo paso a Roberto e tiro cara Adormideiras.
Voume atopando ben e tirando. Recibo o cariñoso saúdo de Teresa e Álvaro así
como de Jesús que hoxe decidíu deixarme a min a representación do club na categoría
de anciáns (Ánimo campión, o asfalto agarda por ti) Tras chegar ao alto de
Adormideiras trato de non ser adiantado por moita xente na baixada o consigo.
Véxome cómodo e forte. Cando estamos de novo á altura do Castelo de san Antón e
contando que queda pouco máis dun quilómetro, aumento o ritmo e collo a un grupo de
seis atletas onde, creo, vai xente da miña categoría… mais a decepción é
tremenda ao comprobar que só levo uns vintedous minutos e que polo tanto hai
que volver subir a Adormideiras. Cachisss. Entón comprobo o que é non adestrar
e querer participar en carreiras… Sufro e trato de que só se me marchen algúns do grupiño que
adiantara previamente.
O
último quilómetro e medio fáiseme moi longo e duro.
Tras os
7.300 entro na meta cun sorprendente tempo 27.05´´ a 3.42´´ o quilómetro. Non
sei de onde saíu tal velocidade. Non o comprendo.
Agardo
polos amigos e de súpeto a sorpresa: posto 23 sobre 461 e 1º na categoría.
Como xa
tiña decido teño que parar de trotar e ir ao fisio. Hai que recuperarse para a
fermosa e atlética primavera que nos agarda.
A seguinte reportaxe fotográfica procede das tiradas por Raul, Mónica e da organización.12/11/12
Behobia-San Sebastián 2012
Case sen adestrar na semana (34 quilómetros e unha hora de
ximnasio) o sábado pola mañá saíu un vehículo desde Montrove con destino Donostia.
No automóbil van dous veteráns da Behobia-San Sebastián (Raúl e Antonio) e dous
novatos (Paloma e o que escribe) Tras case 700 quilómetros e certos problemas
para atopar aparcamento en Donostia, recollemos os dorsais no velódromo de Anoeta
coa compaña de Luís Pardo. Houbo certos problemiñas co meu dorsal... “ah… pero
es tu sales muy adelante...”. Na pequena feira do corredor fixemos provisión de
camisetas para os amigos e a oficial para dona Teresa. O Mariscal fixo acopio
de calcetíns. Tivemos ocasión s de saudar a Jorge Valdés e desexarlle sorte.
Cando nos dirixiamos a tomar a primeira caña o ceo descargou sobre nós varias
toneladas de auga como presaxio do que sería o día da carreira.
Achegámonos ata o hotel, preparamos a equipación para o día
seguinte e baixamos ao centro a degustar os ben afamados pintxos donostiarras
onde tamén saudamos a Manute (Manuel Hurtado)
O
domingo levantámonos moi cedo e almorzamos no hotel mais non na habitación
senón no comedor (xa sabedes como é o Mariscal…) Pillamos o topo e un bus que
nos deixou en Hendaia (Oh, la France…). Foi chegar a Francia e principiar a
chover, chover, chover… milleiros de toneladas de auga sobre nós…Tras deixar as
mochilas nos camións, que fixemos? O quecemento? Protexernos da chuvia nunha
gasolineira como todos os milleiros de corredores e corredoras.
Como a
organización era moi previsora, separou a saída dos distintos grupos de
atletas case unha hora. Marchei para o
meu caixón cos mellores desexos de Paloma, Antonio e Raúl. Metinme no meu grupo
so 30 segundos antes da saída ben tapadiño baixo o chuvasqueiro e unha gran
bolsa do lixo do xardín. Asumo que será a primeira vez que corra tan tapado… A
intención é saír detrás do grupo, sen présa, probándome, tratando de ir cómodo
e pensado que xa habería tempo para correr. Cruzo a liña de saída na posición
2.168.
Os
primeiros metros son unha constante fuxida dos
charcos e tratando de nun ser tirado e de non tirar a ninguén.
Van
pasando os minutos e comezo a ir pasando xente. No quilómetro dous tiro a bolsa
de plástico. Atopo ao Rama, dos Taninos de Ponteareas. Saúdoo e mándolle
recordos para Xosé e Edu. Desexámonos boa sorte. De súpeto vexo o bandeirola do
quilómetro 4… xa van catro e non me decatara dos 20.12´´ transcorridos. Paso o
km 5 en 20.14´´ (a 4.03´´ o km.) e na posición 1.371 . Vou tranquilo e paréceme un tempo de paso
estupendo.
Teño a
sensación de que toda a carreira será un sube-baixa polo que paréceme estupendo
ser moi prudente e ver como se comportan os piramidais e os abductores.. Cada
vez que hai unha subida, e hai moitas, quedo abraiado coa cantidade de xente
que vai diante… non lembro ningunha outra proba na que saía tan atrás… tamén é
certo que é a proba con máis participantes (25.000 inscritos) da miña vida.
Chego á subida máis longa da proba nun tramo de autoestrada… fáiseme difícil,
vou lento pero… continuo pasando xente. Vou cambiando de carril, en zig-zag,
constantemente na busca da liña máis recta posible.
Paso o
10 en 40.16´´ (a 4.00´´/km nos últimos 5000) é dicir en menos tempo que os cinco
quilómetros anteriores. Vou na posición 1.078. Longa baixada na que aproveito
para quitarme o chuvasqueiro, Chegamos ao porto de Pasaia. No quilómetro 15 o
meu tempo é de 59.45´´… (a 3.56´´/km os últimos 5000, isto ten boa pinta) e na posición 999. Comprobo que
vou aumentado o ritmo aínda que vou algo canso… Cada metro teño menos atletas
diante… Agora toca esforzarse e correr, correr, correr.
Por fin
chega o remate do 15 e o inicio da costa máis dura subida do traxecto, O Mariscal
tenme avisado da súa dureza. Vou amodiño pero… sigo adiantando xente. Na parte
máis dura, pásame un rapaz… Pobriño, quedeime coa súa matrícula… para que na
baixada contemple el a miña.
Chegamos
a Donostia, aumento o ritmo. Forzo. O espiquer anuncia o derradeiro quilómetro
e… nese momento o ceo decide descargar outra tonelada de auga. Tanta descargou
que o fotógrafo do Diario Vasco non fixo fotos deses minutos (cachisss) e o
vento mesmo chegou tirar o arco de meta cun cronómetro. Márcome un
esprit da casa: longo e progresivo. Mirade que pintas nos últimos metros:

Entro na meta contento e empapado cun tempo de 1.18.55 ´´ a unha media 3.57´´/quilómetro, de 929 na clasificación absoluta e de 22 na categoría. (Ligazón a un vídeo coa entrada na meta no tempo de 1.21.30)

Entro na meta contento e empapado cun tempo de 1.18.55 ´´ a unha media 3.57´´/quilómetro, de 929 na clasificación absoluta e de 22 na categoría. (Ligazón a un vídeo coa entrada na meta no tempo de 1.21.30)
Como
fago nas probas especiais, pídolle á rapaza que me da a medalla dous bicos.
Recollo a mochila e os abundantes alimentos e marcho aos fisios. Danme unha
masaxe de corenta minutos. Camiño ata o hotel onde temos previsto volver xuntar
o grupo. Doume unha ducha longa, longa, longa e quente, quente, quente. Chega
Raúl moi contento pois mellorou moitos minutos. Tamén Paloma (e Antonio) está
moi contenta. Rematou o seu primeiro vintemil, nas peores condicións metereolóxicas
posibles. Guiada por Antonio, foi moi prudente ata que no quilómetro 10, co
corazón ben colocado, empezaron a recoller cadáveres… Entraron na meta en pouco
máis de dúas horas. Parabéns, campiona.
Cando
chegamos a Donostia, Luís preguntáranos que tiña de especial esta carreira Non
o sabía. Non cría o que tiña contado Raúl. Que, que ten de especial…? Que por
que é proba máis afamada? Pois pola xente, polo público. Milleiros de persoas,
de nenos e nenas, de familias completas, de aitas… Foi impresionante. Xente e
xente nas cunetas, nas rúas, baixo a a infatigable choiva, ofrecéndonos froita,
auga, bebidas isotónicas. É realmente incrible. Por iso é a mellor proba.
Tras
outros pintxos para o xantar, iniciamos o regreso na hora prevista (ordenada)
polo Mariscal. Sete horiñas ata casa.
NOTA FINAL: Agora si toca descansar, recuperar os piramidais, isquios e curar o inicio de pubalxia.
Eskerrik asko
Gero arte
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)














