5/8/12

1ª Carreira pedestre Concello de Vimianzo


Semana de iniciar a posta a punto: Luns só 30 minutos de abdominais. Martes 15 km con 6 series de 1.000 metros: as tres primeiras por encima de catro minutos e a tres seguintes en torno a 3.45´´. Mércores 17 km, xoves 15 km con outras seis series (só dúas por baixo de catro minutos pero todas en progresión). Venres17 km, sábado 15 e domingo 12 km. Total semanal: 91 km.

Un apuntamento sobre o mes de xullo: fixen un total de 311 km. É o oitavo mes, desde que troto, no que supero os trescentos quilómetros. Levo acumulados nestes sete primeiros meses do ano un total de 1.752 km. Son moitos ao pensar nos problemas do nocello esquerdo que apareceu unha semana antes da maratona da Coruña.

E para rematar a semana participei na I Carreira Pedestre Concello de Vimianzo. A idea era gozar da proba, non forzar para non rematar sufrindo. En Vimianzo atopeime con Julio Vázquez e cos seu fillos. Tamén tiven a oportunidade de saudar aos coñecidos da miña temporada de verán pola costa.

Saín cómodo, tratando de facelo non rápido. Paso o primeiro quilómetro só un pouco por baixo de catro minutos. Adiántame Julio e pouco despois ven desde atrás o rapaz de 16 anos co que xa coincidira en Ordes de Muros arqueolóxico. Tras trotar onda el uns metros, fálolle e tiraremos xuntos uns oito quilómetros. O percorrido non é moi duro pois só hai unha costa pronunciada duns douscentos metros. Cando falta algo máis dun quilómetro o rapaz váiseme uns metros. Non teño forzas para esprintar pero entro contento en 38.28´´, a 3.51´´ o quilómetro. Non está mal para o momento da temporada na que andamos. Na meta agradecéndolle o rapaz o seu traballo e teño a oportunidade de falar co seu pai, José Ramón Mayo (1º en M40)

Finalmente, entrei de 17 na xeral e 2º na categoría (RESULTADOS). Había xa moito tempo, en concreto desde a Vig-Bay de marzo 2012 que non gozaba dunha proba. Xa ía sendo hora de non sufrir. O premio é pequeno é fermoso.

Foto do podium: Un José Manuel entre dous José Antonio.

29/7/12

Iniciándome no triatlón?


O luns, día de repouso de trote, fixen 90 minutos de ximnasio (abdominais e AF) acompañado de Pili. Martes 17 km. O mércores tocou rota marítima pola ría de Arousa. O xoves 15 km con amago de catro series de 1.000 metros, todas algo por baixo de catro minutos (a vindeira semana tratarei de facer máis e mellor). O venres outros 15 km. O sábado, xa nas terras muradáns tocou 15 km e seguidos de 1.000 de natación nunha das piletas máis fermosas que coñezo, con vistas á ría de Muros (algún día terei que tirar alguhnas fotos). E pola tarde 80 minutos de Bici polas montañas de Louro. É dicir un triatlón.

Por certo, o obxectivo do paseíño (40 minutos de subida) de BTT era chegar ata a Torre dos Mouros, xacemento arqueolóxico situado sobre Lira, nun lugar espectacular, pois mirado ao sur vese a cabo de Corrubedo e, mirando ao norte, o de Fisterra. Deste lugar darei conta en Iniciarte pero se queredes algo máis de información visitade Capítulo Cero.

O domingo, coas pernas derrotadas polo traballo do día anterior, fixen só 17 km (tocarían 21) trotando pola estrada ata Lira e regreso.

En resume: 79 km, hora e media de ximnasio, 1.000 metros de natación e 80 minutos de bicicleta. Non está mal, eh?

22/7/12

Semana completa

Semana na que amanezo todos os días coas pernas moi pesadas e cansas polo que decido non trotar cedo e deixar os adestramentos para as tardes. 

Fixen dúas sesións (luns e sábado) de bici en total dúas horas e vinte minutos. Tratei de que a zona onde rematan as costas se vaia acostumando ao sillín ao tempo que busquei coller cadencia de pedaleo. Non hai présa. Traballo basicamente con 42/15, sen forzar. Aínda non me atrevo a andar pola estrada (dáme vergoña ir tan amodo) polo que fago do Paseo do Burgo o meu particular Tour de France. O sábado subo a costa de Liáns con menor esforzo do previsto. Noto unha certa febleza no vasto interno das dúas pernas. Pola contra, as molestias no nocello esquerdo practicamente desapareceron ao remate da semana.  A fascia lata: non consta como vai ata que a quiropráctica lle metas as mans.

Case non fixen ximnasio, tan só o venres media hora de abdominais. 

Trotei un total de 74 quilómetros en cinco días. Boa cantidade pero xa vou necesitando facer máis cambios de ritmo ou principiar coas series… e dáme unha preguiza tremenda… Xa vos contarei. 

Serve como actividade deportiva o paseo en barco (grazas Pepe) pola ría de Pontedeume?

15/7/12

Semana variada


Este semana estivo marcada pola realización de diversas probas médicas (a finais de mes veremos os resultados, ou sexa que tranquilidade) incluíndo a miña primeira sesión de sedación completa. A pesares do cal a actividade deportiva foi a seguinte:
O luns 15 km e unha hora de GAP e abdominais. Martes: 17 km. Sábado 13 km pola mañá e unha hora e media de bici de montaña polas terras muradáns. Non me resisto facer o percorrido que vai de Louro a Taxes, bordear a enseada de Muros, chegar casa ata Paxareiras (600 metros de altura), regresar vendo toda a praia de Carnota ata o Ancoradoiro e Louro. É un percorrido espectacular.

O domingo repetín, para espantar vellos demos, o adestramento do 7 de abril cando aparecerán os problemas no nocello esquerdo. Foron 20 km en 90 minutos. O nocello aguantou.  O percorrido foi: praia de san Francisco, volta por Monte Louro  estrada ata Lariño (tempo atrás facíao polas praias de Area Maior e Lariño) e regreso.


En total: unha hora de ximnasio; noventa minutos de BTT e 65 km.

11/7/12

Deporte e literatura: "Un asesinato piadoso"


O periodista e escritor José María Guelbenzu, obriga á xuíza Maria de Marco, protagonista dunha interesante serie de novela policíaca, a facer deporte tras un traslado profesional e por unha cuestión de quilos.

"El día siguiente al asesinato de Cristóbal Piles, Mariana aparcó su coche en el Paseo Marítimo y salió a correr por la playa vestida con unas mallas negras, pantalón corto, camiseta también negra y calzado deportivo.
(…) El frío la estimuló. Corría a buen ritmo, sin forzar la velocidad, cuidando la respiración. Había tomado la costumbre de hacerlo de lunes a viernes, a poco de amanecer; corría durante una hora y después regresaba a casa, tomaba una ducha y un desayuno fuerte y salía hacia el Juzgado.
(…) Se había aficionado a correr a poco de llegar a G… Fie como una iluminación repentina porque a ella nunca le pareció ni medio sensata la práctica del jogging, a pesar de que las películas americanas parecía deducirse que se trataba de un ejercicio reservado a jóvenes esbeltas y glamurosas, porque la dura realidad española mostraba otro tipo de participantes que, salvo excepción de esa clase de gente atlética que nunca falta, más bien parecían estar tirando de sí mismos, desmadejados, sin resuello y con las piernas torcidas. Todo empezó por un problema de báscula que, aunque ella se cuida bien, le confirmó que su profesión era demasiado sedentaria; además se hallaba en ese trampo de edad en el que ya no se queman energías con tanta facilidad como en los años jóvenes…"

J. M. Guelbenzu. Un asesinato piadoso. Barcelona, Punto de lectura, 2011, páx. 71-73

8/7/12

Semana ben rara


Ista foi unha semana ben rara. 

Volvín coller a bicicleta despois de case dous anos (canto a botara en falta… ), trotei ben dous días pero outros dous funme arrastrando polo asfalto (en total 61 km) e fixen tres horas no ximnasio. A vindeira semana, por cuestións médicas farei menos deporte.

1/7/12

Iniciando a temporada: segundo semestre de 2012


Despois de deixar o meu corpo nas mans de Paloma Villar a semana pasada, iniciei, con calma, unha nova temporada. Como as molestias, cada vez menores, continuaban no nocello esquerdo (tres meses xa do inicio da lesión), volvín poñerme nas mans da miña quiropráctica. O resultado foi que me debo esquerceme do nocello, que xa non hai inflamación dos ligamentos e que as molestias, sendo normais, irán a menos. Pois con esa ilusión comecei, de novo, a trotar pensando, sempre teño que ter un obxectivo na cabeza, nas probas de agosto na contorna de Muros (Lira, Carnota, Serra de Outes, Pobra do Caramiñal…)

O luns, 25, fixen 13 km; o mércores 7 km; o xoves 8 km; o venres 12. Ademais fixen dúas horas de ximnasio de GAP e abdominais.

O sábado 30, saín con Pili, lembrando adestramentos de hai anos, en dirección a Mera e como xa nos acontecerá algunha vez, o ceo decidiu esgotar as súas reservas de auga sobre nos cando iniciábamos o regreso. Tivemos que agardar a que escampara. Foron 17 km máis. Este día xubilei as miñas Asics Cumulus-13 ao chegar aos 1.100 km.

Finalmente o domingo, e collendo a Pili a traizón, volvemos ir ata Mera pero hoxe ata o Faro. Son 9,2 km de ida e outros tantos de volta, cun desnivel acumulado de 431 metros. A ida fixémola en 44.15´´ e o regreso en 44.30. É dicir nuns tempos moi semellantes a hai case dous anos.


O resume semanal: dúas horas de ximnasio e 78 km. É dicir, xa unha boa semana en canto á cantidade de quilómetros. Outra cousa é o mes de maio: 144 km. O mes con menos quilómetros desde hai máis dun ano.

27/6/12

Deporte e literatura: "La sombra de la sirena"


Fragmento da última novela publicada en castelán de Camilla Läckberg.
"El aire frío le rasgaba la garganta. Le encantaba aquella sensación. Todos pensaban que estaba loco cuando salía a correr en pleno invierno, pero él prefería salir a correr las millas que se proponía con el frío del invierno, que hacerlo con el agobiante calor estival. Y así, en fin de semana, aprovechaba para correr una vuelta más.

Kenneth echó una ojeada al reloj de pulsera. Tenía incorporado todo lo que necesitaba para que el entrenamiento le rindiera al máximo. Pulsómetro, contador de pasos, incluso tenía allí almacenados los tiempos de los últimos entrenamientos.

El objetivo era ahora la Maratón de Estocolmo. Había participado ya dos veces con anterioridad, en la Maratón de Copenhague. Llevaba veinte años entrenándose y, si le daban a elegir, le gustaría morirse dentro de veinte o treinta años, en plena carrera. Porque la sensación de estar corriendo, de que le volaban los pies por encima del suelo con un golpeteo acompasado, a un ritmo constante que al final parecía fundirse con los latidos del corazón, esa sensación no se parecía a ninguna otra. Incluso el cansancio, la sensación muda de las piernas cuando el ácido láctico se dejaba notar, era algo que había aprendido a apreciar cada vez más a medida que pasaban los años. Cuando corría, sentía la vida dentro de sí. No se le ocurría otra forma mejor de explicarlo.

Al acercarse a su casa, empezó a aminorar el ritmo. Siguió dando saltitos sin moverse del sitio justo delante de la escalinata y luego se agarró a la barandilla para estirar los músculos de las piernas. El vaho se le quedaba suspendido delante de la cara y se sintió limpio y fuerte después de dos millas a un ritmo más o menos rápido".

 
Camila Läckberg. La sombra de lasirena.  Madrid, Maeva, 2012, páx. 64 e 65.

24/6/12

Do nocello ao Arde Lucus


Despois da proba de Carballo, decidín deixar de trotar ata que pasara polas mans de Paloma Villar, a “miña” quiro-práctica de cabaceira e na que confío máis que nas miñas sensacións. Durante a semana fixen tres horas e media de ximnasio cun pouco de todo: natación, GAP, abdominais e body pump.

O xoves, e tras un café con Bea (ánimo Antón), puxen o meu corpo nas mans de Paloma quen tras comprobar a tensión acumulada nas cuadríceps (como está o piramidal dereito e os tensores da fascia lata….) centrouse no nocello esquerdo. Corenta minutos. Dous días de repouso e hoxe domingo saín a comprobar o seu estado durante 5 quilómetros. Mellorou moitísimo, case non hai molestias, polo que a semana vindeira iniciarei unha nova temporada…

E Agora toca marchar ao Arde Lucus…

17/6/12

II Carreira Popular Concello de Carballo



Erguinme toda a semana moi canso e sen gañas. Decido que hai que darlle descanso ao corpo. O luns só abdominais e deixo colgado a Juan no ximnasio (nadiña de gañas…) O martes natación, mércores abdominais e 5 km para quecer as pernas e darlles unha boa sesión de estiramentos. O xoves ná de ná e o venres, con Pili e Juan unha hora de ximnasio. Sábado traballo no xardín  e o domingo, para non perder o costume, un dez mil. Nesta ocasión en Carballo.
Foto de Alberto Morlán

Como ben me avisaran Roberto e Carlos a proba constaba de dúas voltas cun continuo subir e baixar pero menos dura ca de Ordes. Ademais non contaba co aliciente da miña Rabudiña nin no asfalto nin entre o público. Tamén botei en falla a Jesús Álvarez, compañeiro nas dúas ultimas carreiras.
Desde a saída o percorrido foi tirando para arriba case mil metros, logo continuas subidas e baixadas. Saio ben. Paso o segundo quilometro en 7.30´´. Contento xa que non era demasiado rápido nin demasiado lento. No segundo ou terceiro quilómetro cólleme Roberto García (38.44´´) 
 Pouco despois escoito unha desas frases profundas que fan a un reflexionar: paisano na terraza dun bar, preguntando ao colega: 
“E a carreira, para que é?”

Ao iniciar a segunda volta, derroto os pensamentos que me pedían deixar de correr. Continúo tirando sen moita forza. Falo con alguén da Jamomería La Leonesa dándolle recordos para o mestre Bernardo. Rematando o quilómetro oito, adiántame Alberto Antelo (39.02´´) A partir de entón arrástrome ata a meta: 39.11´´. Entro de 56 na xeral e 5º na categoría sobre un total de 607 atletas.
Detrás entraron Alberto Morlán (40.41´´), Carlos Pazos (41-32´´) e Manuel Ferreira (43.58´´). Resultados.
Tras cruzar a meta e saudar a Roberto e a Alberto achegueime ata os fisios: repaso ao piramidal.

Conclusións: tras unha semana de repouso (se non se adestra non se corre nas probas) o nocello rematou mal, o piramidal necesita un repaso e esta non é a mellor época para os meus pulmóns (cuestión de alerxia) Creo que vai sendo hora tomarme en serio o de facer os amaños de chapa e pintura de todos os anos. Hai que estar ben para agosto…

11/6/12

Campionato Galego de Veteráns en pista: 10.000


Tras a proba de Ordes, comecei a semana moi canso e con molestias no piramidal dereito (isto de non estirar despois dunha carreira non está nada ben…). Deste xeito, o luns só fixen 30 minutos de abdominais no ximnasio (abandonado polos colegas), o martes trotei 15 km con catro intentos de series de 1000m. entre 4.01 e 3.47 (patético). O mércores só fixen 5 km para logo poder estirar moito tempo e con 30 minutos de abdominais. O xoves xa fixen unha hora de ximnasio (GAP e abdominais) para facer o venres 17 km e 60 minutos de ximnasio (Gap e abdominais) e xa ben acompañado.

Sopresivamente, o sábado, teórico día de repouso, fixen 14 km (12 deles con Pili) rematando realmente canso.

E o domingo? Pois a miña estrea nunha proba de pista: 10000 no Campionato de Veteráns en Lugo. Previamente teño que dicir que o sábado para o xantar houbo mariscada familiar (cervexa,viño e cava), para a cea: adega en Betanzos (viños branco e  tinto) e o domingo xantar con callos. Así non se pode…

Tras recoller a Jesús en Sada, dirixímonos a Lugo a participar nos campionatos galegos de veteráns en pista no 10000. Para Jesús era a segunda experiencia na pista, para min a primeira. Tras unha viaxe curta e agradábel, chegamos ao estadio. Estando previsto que saíramos en series distintas, os xuíces deciden, que saiamos todas as categorías xuntas: no podo facer o quecemento como me gustaría.

Escusas (tan típicas do paquete que escribe):
1ª O nocello esquerdo continua sen estar ben.
2ª Ando falto de gañas, sen facer series e facendo poucos quilómetros semanais.
3ª Primeira experiencia en pista (e sen tacos)

Na carreira (25 voltas de 400 metros), saímos cómodos na parte traseira do grupo. Jesús tirando. Na segunda volta xa estamos posicionados polo noso ritmo. Pégasenos un atleta. Jesús sigue marcando o ritmo. Na quinta volta collo eu a corda pero na sexta volve Jesús a tirar. Pouco a pouco vaise indo. Quere agardar por min. Dígolle que tire e que se vaia. Nas costas levo pegado a un atleta de A Gandara. É a miña permanente sombra. Só da un relevo de catrocentos metros. É curioso ver como nos adiantan os primeiros e comprobar que tamén adiantamos varias veces a outros corredores. Desde as bancadas, o C.A.S non deixa de animarnos en cada paso.

Cando anuncian a última volta subo o ritmo porque sei que non teño sprint e quero intentar deixar a mochila antes da recta de meta. Cóllolle uns metros pero na última curva volvo telo pegado. En canto iniciamos a derradeira recta, adiántame coma un foguete. Nunca fixen tanta forza nun sprint pero foime imposible impedir o adiantamento. Felicítoo ao cruzar a meta. Quedou de primeiro na categoría e eu segundo. A diferencia foi dun segundo e medio. Fago 36.57 (a 3.42´´ o quilómetro) Jesús: impresionante: 36.24´´.

Atención: subcampión galego de veteráns en pista en 10000 na categoría de 50 a 55 anos.

A partir da entrada en meta, caos absoltuto na organización. Prefiro non comentalo e lembralo como unha anécdota.

Resume semanal: tres horas de ximnasio e 61 quilómetros. Continúo sen amañar o nocello esquerdo polo que non hai moitas gañas de trotar, facer series…

3/6/12

XVII Carreira Popular de Ordes: como pasa o tempo


Efectivamente… como pasa o tempo. Foi en marzo do 2005 cando participei por vez primeira nesta dura proba do Concello de Ordes. Cantos quilómetros, cantas probas, cantos amigos e amigas. A semana foi máis tranquila cas anteriores. 





 

O luns 13 km e abdominais. O martes natación, 16 km e proba de esforzo no cardiólogo. O mércores 13 km e Body Pump. O xoves só 9 km e o venres abdomiais. O domingo case un dez mil por Ordes. Érgome todos os días coas pernas cansas. En total 61 km e dúas horas e media de ximnasio. No nocello esquerdo continúan as molestias. Paloma aconséllame non parar.

O domingo pola mañá participei, despois de sete anos, na proba do Concello de Ordes. Lembraba que hai costas… pero non tantas nin tan duras: o corazón non tiña tempo para baixar pulsacións!!! Como se nota que non teño aínda o corpo nin a cabeza para as carreiras: deixei o meu chip na casa. Tiven que alugar outro.

Na liña de saída, cos amigos do Club de Atletismo Sada, comentamos que tíñamos que saír con calma porque a carreira era dura. Saín con Jesús, mantendo un ritmo alegre ata o quilómetro tres, onde na segunda gran costa, váiseme. Non me obsesiono. Sei que aínda non estou para gañar posicións nas subidas. Na metade da proba, pásame Roberto. Doulle ánimos. Coas posición moi estabilizadas chego ata o quilómetro oito, onde só teño diante a Roberto pero non o o collo. Na seguinte baixada aumento algo o ritmo pero na última subida adiántanme dous atletas. 

Entro na meta en 36. 30, a 15 segundos de Roberto e a cincuenta segundos de Jesús. O ritmo por quilómetro foi a 3.51´´ mellor do esperable. O equipo tivo un resultado magnífico: 4º. Só quedaron diante nosa: o Coruña Comarca, o Sar-Poutada e o Milladoiro.
A distancia oficial foi de 9.500 metros.
 Foto vía Correr en Galicia



Maratona de Estocolmo 2012

Fortes chuvas e vento marcaram a Maratona de Estocolmo 2012


Fortes chuvas, ventos e temperaturas entre 3°C e 4°C – muito baixas para a época do ano – marcaram a 34ª edição da Maratona de Estocolmo, na Suécia.
O vídeo abaixo resume a dificuldade que os corredores encontraram com relação ao clima da capital sueca no sábado, 02 de junho, dia da prova:




Mesmo assim, dos quase 16.000 corredores que iniciaram a maratona, que tem sua linha de chegada no Estádio Olímpico de Estocolmo, 14.686 completaram os 42km.
O vencedor foi o atleta da Jordânia Methkal Abu Drais, com o tempo de 2:19:16. No feminino, a vencedora foi a etíope Derebe Godana (2:40:19).

Texto e vídeo vía Correr pelo mundo.