27/6/12

Deporte e literatura: "La sombra de la sirena"


Fragmento da última novela publicada en castelán de Camilla Läckberg.
"El aire frío le rasgaba la garganta. Le encantaba aquella sensación. Todos pensaban que estaba loco cuando salía a correr en pleno invierno, pero él prefería salir a correr las millas que se proponía con el frío del invierno, que hacerlo con el agobiante calor estival. Y así, en fin de semana, aprovechaba para correr una vuelta más.

Kenneth echó una ojeada al reloj de pulsera. Tenía incorporado todo lo que necesitaba para que el entrenamiento le rindiera al máximo. Pulsómetro, contador de pasos, incluso tenía allí almacenados los tiempos de los últimos entrenamientos.

El objetivo era ahora la Maratón de Estocolmo. Había participado ya dos veces con anterioridad, en la Maratón de Copenhague. Llevaba veinte años entrenándose y, si le daban a elegir, le gustaría morirse dentro de veinte o treinta años, en plena carrera. Porque la sensación de estar corriendo, de que le volaban los pies por encima del suelo con un golpeteo acompasado, a un ritmo constante que al final parecía fundirse con los latidos del corazón, esa sensación no se parecía a ninguna otra. Incluso el cansancio, la sensación muda de las piernas cuando el ácido láctico se dejaba notar, era algo que había aprendido a apreciar cada vez más a medida que pasaban los años. Cuando corría, sentía la vida dentro de sí. No se le ocurría otra forma mejor de explicarlo.

Al acercarse a su casa, empezó a aminorar el ritmo. Siguió dando saltitos sin moverse del sitio justo delante de la escalinata y luego se agarró a la barandilla para estirar los músculos de las piernas. El vaho se le quedaba suspendido delante de la cara y se sintió limpio y fuerte después de dos millas a un ritmo más o menos rápido".

 
Camila Läckberg. La sombra de lasirena.  Madrid, Maeva, 2012, páx. 64 e 65.

24/6/12

Do nocello ao Arde Lucus


Despois da proba de Carballo, decidín deixar de trotar ata que pasara polas mans de Paloma Villar, a “miña” quiro-práctica de cabaceira e na que confío máis que nas miñas sensacións. Durante a semana fixen tres horas e media de ximnasio cun pouco de todo: natación, GAP, abdominais e body pump.

O xoves, e tras un café con Bea (ánimo Antón), puxen o meu corpo nas mans de Paloma quen tras comprobar a tensión acumulada nas cuadríceps (como está o piramidal dereito e os tensores da fascia lata….) centrouse no nocello esquerdo. Corenta minutos. Dous días de repouso e hoxe domingo saín a comprobar o seu estado durante 5 quilómetros. Mellorou moitísimo, case non hai molestias, polo que a semana vindeira iniciarei unha nova temporada…

E Agora toca marchar ao Arde Lucus…

17/6/12

II Carreira Popular Concello de Carballo



Erguinme toda a semana moi canso e sen gañas. Decido que hai que darlle descanso ao corpo. O luns só abdominais e deixo colgado a Juan no ximnasio (nadiña de gañas…) O martes natación, mércores abdominais e 5 km para quecer as pernas e darlles unha boa sesión de estiramentos. O xoves ná de ná e o venres, con Pili e Juan unha hora de ximnasio. Sábado traballo no xardín  e o domingo, para non perder o costume, un dez mil. Nesta ocasión en Carballo.
Foto de Alberto Morlán

Como ben me avisaran Roberto e Carlos a proba constaba de dúas voltas cun continuo subir e baixar pero menos dura ca de Ordes. Ademais non contaba co aliciente da miña Rabudiña nin no asfalto nin entre o público. Tamén botei en falla a Jesús Álvarez, compañeiro nas dúas ultimas carreiras.
Desde a saída o percorrido foi tirando para arriba case mil metros, logo continuas subidas e baixadas. Saio ben. Paso o segundo quilometro en 7.30´´. Contento xa que non era demasiado rápido nin demasiado lento. No segundo ou terceiro quilómetro cólleme Roberto García (38.44´´) 
 Pouco despois escoito unha desas frases profundas que fan a un reflexionar: paisano na terraza dun bar, preguntando ao colega: 
“E a carreira, para que é?”

Ao iniciar a segunda volta, derroto os pensamentos que me pedían deixar de correr. Continúo tirando sen moita forza. Falo con alguén da Jamomería La Leonesa dándolle recordos para o mestre Bernardo. Rematando o quilómetro oito, adiántame Alberto Antelo (39.02´´) A partir de entón arrástrome ata a meta: 39.11´´. Entro de 56 na xeral e 5º na categoría sobre un total de 607 atletas.
Detrás entraron Alberto Morlán (40.41´´), Carlos Pazos (41-32´´) e Manuel Ferreira (43.58´´). Resultados.
Tras cruzar a meta e saudar a Roberto e a Alberto achegueime ata os fisios: repaso ao piramidal.

Conclusións: tras unha semana de repouso (se non se adestra non se corre nas probas) o nocello rematou mal, o piramidal necesita un repaso e esta non é a mellor época para os meus pulmóns (cuestión de alerxia) Creo que vai sendo hora tomarme en serio o de facer os amaños de chapa e pintura de todos os anos. Hai que estar ben para agosto…

11/6/12

Campionato Galego de Veteráns en pista: 10.000


Tras a proba de Ordes, comecei a semana moi canso e con molestias no piramidal dereito (isto de non estirar despois dunha carreira non está nada ben…). Deste xeito, o luns só fixen 30 minutos de abdominais no ximnasio (abandonado polos colegas), o martes trotei 15 km con catro intentos de series de 1000m. entre 4.01 e 3.47 (patético). O mércores só fixen 5 km para logo poder estirar moito tempo e con 30 minutos de abdominais. O xoves xa fixen unha hora de ximnasio (GAP e abdominais) para facer o venres 17 km e 60 minutos de ximnasio (Gap e abdominais) e xa ben acompañado.

Sopresivamente, o sábado, teórico día de repouso, fixen 14 km (12 deles con Pili) rematando realmente canso.

E o domingo? Pois a miña estrea nunha proba de pista: 10000 no Campionato de Veteráns en Lugo. Previamente teño que dicir que o sábado para o xantar houbo mariscada familiar (cervexa,viño e cava), para a cea: adega en Betanzos (viños branco e  tinto) e o domingo xantar con callos. Así non se pode…

Tras recoller a Jesús en Sada, dirixímonos a Lugo a participar nos campionatos galegos de veteráns en pista no 10000. Para Jesús era a segunda experiencia na pista, para min a primeira. Tras unha viaxe curta e agradábel, chegamos ao estadio. Estando previsto que saíramos en series distintas, os xuíces deciden, que saiamos todas as categorías xuntas: no podo facer o quecemento como me gustaría.

Escusas (tan típicas do paquete que escribe):
1ª O nocello esquerdo continua sen estar ben.
2ª Ando falto de gañas, sen facer series e facendo poucos quilómetros semanais.
3ª Primeira experiencia en pista (e sen tacos)

Na carreira (25 voltas de 400 metros), saímos cómodos na parte traseira do grupo. Jesús tirando. Na segunda volta xa estamos posicionados polo noso ritmo. Pégasenos un atleta. Jesús sigue marcando o ritmo. Na quinta volta collo eu a corda pero na sexta volve Jesús a tirar. Pouco a pouco vaise indo. Quere agardar por min. Dígolle que tire e que se vaia. Nas costas levo pegado a un atleta de A Gandara. É a miña permanente sombra. Só da un relevo de catrocentos metros. É curioso ver como nos adiantan os primeiros e comprobar que tamén adiantamos varias veces a outros corredores. Desde as bancadas, o C.A.S non deixa de animarnos en cada paso.

Cando anuncian a última volta subo o ritmo porque sei que non teño sprint e quero intentar deixar a mochila antes da recta de meta. Cóllolle uns metros pero na última curva volvo telo pegado. En canto iniciamos a derradeira recta, adiántame coma un foguete. Nunca fixen tanta forza nun sprint pero foime imposible impedir o adiantamento. Felicítoo ao cruzar a meta. Quedou de primeiro na categoría e eu segundo. A diferencia foi dun segundo e medio. Fago 36.57 (a 3.42´´ o quilómetro) Jesús: impresionante: 36.24´´.

Atención: subcampión galego de veteráns en pista en 10000 na categoría de 50 a 55 anos.

A partir da entrada en meta, caos absoltuto na organización. Prefiro non comentalo e lembralo como unha anécdota.

Resume semanal: tres horas de ximnasio e 61 quilómetros. Continúo sen amañar o nocello esquerdo polo que non hai moitas gañas de trotar, facer series…

3/6/12

XVII Carreira Popular de Ordes: como pasa o tempo


Efectivamente… como pasa o tempo. Foi en marzo do 2005 cando participei por vez primeira nesta dura proba do Concello de Ordes. Cantos quilómetros, cantas probas, cantos amigos e amigas. A semana foi máis tranquila cas anteriores. 





 

O luns 13 km e abdominais. O martes natación, 16 km e proba de esforzo no cardiólogo. O mércores 13 km e Body Pump. O xoves só 9 km e o venres abdomiais. O domingo case un dez mil por Ordes. Érgome todos os días coas pernas cansas. En total 61 km e dúas horas e media de ximnasio. No nocello esquerdo continúan as molestias. Paloma aconséllame non parar.

O domingo pola mañá participei, despois de sete anos, na proba do Concello de Ordes. Lembraba que hai costas… pero non tantas nin tan duras: o corazón non tiña tempo para baixar pulsacións!!! Como se nota que non teño aínda o corpo nin a cabeza para as carreiras: deixei o meu chip na casa. Tiven que alugar outro.

Na liña de saída, cos amigos do Club de Atletismo Sada, comentamos que tíñamos que saír con calma porque a carreira era dura. Saín con Jesús, mantendo un ritmo alegre ata o quilómetro tres, onde na segunda gran costa, váiseme. Non me obsesiono. Sei que aínda non estou para gañar posicións nas subidas. Na metade da proba, pásame Roberto. Doulle ánimos. Coas posición moi estabilizadas chego ata o quilómetro oito, onde só teño diante a Roberto pero non o o collo. Na seguinte baixada aumento algo o ritmo pero na última subida adiántanme dous atletas. 

Entro na meta en 36. 30, a 15 segundos de Roberto e a cincuenta segundos de Jesús. O ritmo por quilómetro foi a 3.51´´ mellor do esperable. O equipo tivo un resultado magnífico: 4º. Só quedaron diante nosa: o Coruña Comarca, o Sar-Poutada e o Milladoiro.
A distancia oficial foi de 9.500 metros.
 Foto vía Correr en Galicia



Maratona de Estocolmo 2012

Fortes chuvas e vento marcaram a Maratona de Estocolmo 2012


Fortes chuvas, ventos e temperaturas entre 3°C e 4°C – muito baixas para a época do ano – marcaram a 34ª edição da Maratona de Estocolmo, na Suécia.
O vídeo abaixo resume a dificuldade que os corredores encontraram com relação ao clima da capital sueca no sábado, 02 de junho, dia da prova:




Mesmo assim, dos quase 16.000 corredores que iniciaram a maratona, que tem sua linha de chegada no Estádio Olímpico de Estocolmo, 14.686 completaram os 42km.
O vencedor foi o atleta da Jordânia Methkal Abu Drais, com o tempo de 2:19:16. No feminino, a vencedora foi a etíope Derebe Godana (2:40:19).

Texto e vídeo vía Correr pelo mundo.

28/5/12

IV Media Maratón A Coruña 21


Continuando coa crónica semanal de recuperación, direivos que o luns só fixen 30 minutos de abdominais, o martes 30 de natación (1000 m. en 24) e 17 km. O mércores 10 km e 30 de abdominais e 60 de Body Pump. O xoves outros 17 km. Venres e sábado foime imposible saír e o domingo fixen a Media Maratón da Coruña. En total 65 km e 2,30 horas de ximnasio. Imos progresando… mais o nocello non está ben. Nótoo feble e con molestias en frío.

E o domingo 27… volver ao asfalto en competición? Pois non, aínda non estou para competir pero si estou para volver gozar dunha carreira acompañando a Pili. A Keniata de Montrove volveu no asfalto coruñés a unha proba de fondo despois de… moitos meses. Foi toda unha honra que nos deixara, a Julio e a min, acompañala no seu retorno.

A idea que tiñamos os dous acompañantes era ir facendo as tres voltas de que constaba esta media cada vez máis rápido. Para iso tíñamos que saír moi atrás e moi amodo. Pois efectivamente fixemos os dous primeiros quilómetros en dez minutos. Logo, guiados por Julio, fomos aumentando o ritmo ritmo ata poñer unha marcha en torno aos 4.30 minutos ao quilómetro. En varios momentos da terceira volta baixamos de 4.30.  

Cando se acompaña a alguén nunha proba nunca se sabe se tratamos de forzala demasiado, se, ademais de  animala constantemente, provocamos nela unha sensación de rexeitamento polo esforzo solicitado. Esta sensación non é a primeira vez que a teño. Espero que Pili poda perdoarnos o esforzo dos dous últimos quilómetros igual que nós a perdoamos por facernos esperar hora e media porque… no seu retorno e lonxe dos seus mellores tempos, colleu o primeiro premio da súa categoría tal e como se pode comprobar nos RESULTADOS.


Saímos case de últimos e, lentamente, adiantando xente sen parar. Tan só nos tres últimos quilómetros dous irresponsables atrevéronse a adiantarnos. A primeira volta foi, aproximadamente, en 33 minutos, a segunda en 32 e a terceira en 31. Perfecto. Ía dicir, mellor do esperado, pero é que correndo con Pili, sempre se fai o mellor que se espera.

Ao longo da proba, como ía moi cómodo, teño que recoñecer, fun saudando a todos os amigos e amigas do C.A. Sada. Que gran carreira fixeron case todos!!!. Menuda progresión levan. Tan só un par de atletas tiveron problemas físicos que irán amañando nas vindeiras semanas. Sorte para eles.

Como corriamos na casa, como quen di, tivemos un fotógrafo para nós e unha cámara de vídeo… hai que ser pringaos (ou moi amigos) para pasarse dúas horas mirando e acompañando a unhas persoas e pantalón curto… Grazas Ana, Juan e Chema.

Pero creo que teño que facer un parágrafo especial adicado á miña compañeira de quilómetros. Foron moitas as horas nas que trotamos xuntos pero tamén, e desde hai pouco máis dun ano, moitas as horas nas que trotamos separados en solitario. Tras estes meses, a emoción de compartir con ela toda unha media maratón é inmensa.  Podedes ler as súas sensacións no blog daPanadería de Osedo.

Fíxome especial ilusión estar na meta con Isabel e Iago, xa que a Rabudiña non puido acompañarnos…

A proba na Voz de Galicia e na Opinión





20/5/12

Baleirando ou enchendo o depósito?


Pois non sei que estiven facendo esta semana, se baleirando o que quedaba no meu depósito muscular ou, pola contra, iniciando a recuperación.

Vaiamos por partes:
Tras o paseo do domingo anterior, o  luns 14 decidín que non tocaba trotar e marchei ao ximnasio para facer 30´de abdominais e 60´ de pesas (body pum). O martes fixen 1.000 metros de natación (30´)  despois de máis dun ano… e trotei 5 quilómetros (25´) para, logo, estirar ben. O 17, con Pili e Julio fixemos 20 km en 92´ rematando a bo ritmo. As pernas aguantaron ben. A foto do trío é da semana pasada. Tras ver a recuperación, decido con Pili, que faremos a Media Maratón da Coruña sen forzar, a ritmo tranquilo. Será a primeira proba da nosa keniata en moitos, moitos, moito meses e trataremos de que a goce.

 O venres 18, doei sangue (non será posible facelo nos vindeiros meses) a pesar do cal trotei 10 km (45´) e logo 30´ de GAP e outros tantos de abdominais. Acabei esgotado, sen reservas. Ben pola calor, ben pola doazón ou ben porque no depósito xa non hai nada.

O sábado cheguei tirado á casa despois de 59 minutos e 13 km. O domingo decidín facer a ruta dos inicios das temporadas: 18 km que saíron en 1.18´.

Resultados semanais en quilómetros 65 (a semana pasada foran 42) e tres horas de ximnasio.

Non sei se estou a esgotar o fondo que me quedaba da preparación da maratón de abril ou iniciando unha nova tempada. De feito, estou tratando de variar os percorridos dos adestramentos para buscar boas sensacións, de non repetir. Algúns días vou con música e outros non.

E o nocello esquerdo? Pois continúa moi raro. Algúns días non me molesta nada, outros durante os des primeiros minutos do trote e algún mesmo en repouso está a amolar. O piramidal e a fascia lata dereita continúan sen estar en perfecto estado. As pulsacións aínda están moi altas…

13/5/12

Iniciando a recuperación?

Despois de tres semanas parado, o luns 7 amanecín sen molestias no nocello esquerdo polo decidín que o tempo de vaguear tiña que tocar ao seu fin.

Collín de novo as vellas zapatillas (unhas Asics Cumulus 13 con máis de 800 quilómetros), unhas mallas e unha camiseta (aínda lembro onde se gardan no armario) e trotei quince minutos (3 km) logo volvín iniciarme no ximnasio con 30 minutos de abdominais.

Como o nocello aguantara ben, o martes caeron outros 25 minutos (5 km); o mércores xa foron 41 os minutos (9  km) e ademais unha hora de Body Pump no ximnasio. O mércores a tirada chegou ás 55 minutos (12 km), tamén sen molestias pero coas pernas muscularmente moi cargadas. O venres só sain trotar 17 minutos (3 km) para poder estirar ben e logo 30 minutos de abdominais e outros 30 de GAP acompañado pola miña parella de deportistas preferida: Pili e Juan.

O sábado decidín que había que descansar… cando estaba descansando debaixo dunha mesa tratando de amañar algo, fixen un mal movemento co nocello e xa volvín notar molestias para todo o día.

O domingo, xa estou a rematar a crónica semanal, trotei polo paseo do río Mero co triatleta do grupo (non puido competir en Mera pois estaba convalecente dunha caída na bici), coa Keniata de Montrove (cada día máis preto de volver ser a nosa Kenita), acompañados na bici polo Mestre. Foron 55 minutos a bo ritmo (12 km). As pernas aguantaron ben pero tiven algunhas molestias no nocello.  Menuda pandilla de inválidos estamos feitos!!!. Quen nos viu hai 15 meses e quen nos ve agora:
-O Mestre tivo que deixar de correr, só ximnasio, andainas e bici.
-O Triatleta non gaña para sustos ou catarros..
-A Keniata de Montrove continua agardando a estar nunha forma física espectacular para voltar ás carreiras.
-E este Cronista aínda está metido no proceso de recuperar a forma (será posible?)


Valoración semanal: 42 quilómetros; recuperando o tono base no ximnasio; as pernas están ben; o nocello aínda está feble.

6/5/12

Continuo descansando


O sábado 7 de abril  notei as primeiras molestias na parte interna do nocello esquerdo. Aumentaron tras os 20 quilómetros do día seguinte. O 15 tiven que abandonar a no quilómetro 28 na maratón da Coruña. Dous días despois un médico de urxencias diagnosticoume un leve esguince. Eu nunca notara unha torcedura. Tiña molestias ata camiñando. Dez días despois, a miña fisio dime que non é un esguince senón unha inflamación dos ligamentos por sobre-esforzo. Quítalle importancia. Pero continúa con molestias. 

 O pasado 30 de abril (quince días despois da maratón) visito ao traumatólogo e corredor Gonzalo Couceiro (fixo 3.26 na maratón da Coruña) Coincide no diagnóstico de inflamación dos ligamentos. Máis antiinflamatorios. O sábado  5 probo o nocello durante dez minutos e hai molestias ao apoiar. Novo intento no domingo 6 e as molestias non me abandonan.

O nocello está moito mellor ca hai un mes pero aínda non está ben.

2/5/12

Porto: corrida pela Selecçao


A Runporto.com tem o prazer de poder anunciar que será a entidade responsável, a 2 de Junho, pela organização técnica de uma Corrida pela Selecção, iniciativa do Banco Espírito Santo em conjunto com importantes edilidades portuguesas que visa mobilizar as pessoas para o apoio à participação da selecção de futebol de Portugal no próximo campeonato europeu que em Junho terá lugar na Polónia e Ucrânia.
Serão três as edições da Corridas pela Selecção, e todas terão lugar no mesmo dia e à mesma hora, para suscitar esse movimento global de adesão e apoio à equipa de todos nós. O dia escolhido foi o de 2 de Junho, pelas 10 horas da manhã, e para além da Corrida do Porto, aquela que contará com a colaboração experiente da Runporto, as outras realizar-se-ão em Oeiras, portanto na região de Lisboa, e em Faro, mobilizando assim os maiores terços do País, a Norte, a Centro-Sul e a Sul.


Na Invicta a Corrida terá 8 km de extensão, com partida na Avenida dos Aliados e finalização no Jardim do Passeio Alegre. As inscrições já estão abertas, e decorrerão até 25 de Maio, podendo apenas ser efectivadas através do site da organização na internet www.corridapelaseleccao.com.
Cada inscrição custa 5 euros, indo o montante global apurado ao longo do País reverter para a Associação Novo Futuro, entidade de solidariedade social que visa encontrar novos lares familiares para crianças e jovens em risco.


 Cada inscrito terá direito a um kit de participação constituído por uma bonita t-shirt da selecção nacional e uma braçadeira. Dado que o limite de participação no Porto é de 10 mil pessoas, valerá a pena decidir rapidamente pela participação no evento, pois que para além do apoio público à selecção - que se consubstancia também na ajuda à Novo Futuro - o prémio para os primeiros classificados em cada sexo valerá uma viagem à Ucrânia mais o bilhete para assistir ao jogo Portugal-Holanda, o último jogo da fase de grupos da selecção no Euro 2012.


Mais informações em:
www.runporto.comhttp://www.runporto.com/
www.corridapelaseleccao.com

22/4/12

Percurso da Maratón de Madrid

Hoxe é o día do MAPOMA, ou mellor dito do Rock´n´Roll Madrid. Como non imos participar, poño este vídeo onde non se aprecia moi ben a dureza dos últimos quilómetros. Ao velo, sorpréndeme o ben que lembro este percorrido. 
Canto teño gozado e canto teño sofrido no asfalto madrileño!!!. Sorte a todos e todas os participantes.